C.B. O MECO

Vaya al Contenido

Menu Principal

Partidos da xornada
28-29/01/2012
consultar circular

Sénior Masculino
O Meco
Cruz Alta
Sábado 28  ás 18:00
Pav. Monte da Vila

Cadete Masculino
Liceo
O Meco Bar Manos
Sábado 28 ás 12:00
Pav. Fontecarmoa 1

Cadete Feminino
O Meco Euromantenimientos
(competición rematada)

Infantil Masculino
Liceo
O Meco Indicadores.com.es
Domingo 29 ás 12:00
Pav. Fontecarmoa 1

Infantil Feminino
O Meco Astegal
AD Cortegada
(aprazado)

Alevín Masculino
O Meco Irmáns Forte
Dorna
Domingo 29 ás 12:00
Pav. Monte da Vila

Alevín Masculino
O Meco Copyman
EDC Sanxenxo
Sábado 28 ás 16:00
Pav. Conmeniño

Alevín Feminino
Peixegalego
O Meco Herbo-Venecia
Sábado 28 ás 10:00
Pav. A Raña

Alevín Feminino
O Meco Academia Oxford
Arxil C
Domingo 29 ás 12:00
Pav. Monte da Vila

Benxamín Masculino
O Meco Raúl Salgado Abogados
Río Ulla
Sábado 28 ás 16:00
Pav. Monte da Vila

Benxamín Feminino

O Meco Agrícola O Con
Arxil A
Domingo 29 ás 17:00
Pav. Conmeniño


Benxamín Feminino
O Meco Don Can
CB Vilagarcía
Sábado 28 ás 16:00
Pav. Monte da Vila

Benxamín Mixto
O Meco Qkorte Peluquería
AD Cortegada
Sábado 28 ás 16:00
Pav. Monte da Vila



ÚLTIMA HORA:


27.01.2012: Interesantísimos partidos para esta fin de semana.

Comeza unha nova fin de semana chea de partidos, e sendo todos importantes, hai algúns que teñen unha atención especial.

Os sénior reciben ao Cruz Alta nun partido que se antolla como complicado, pero que de gañarse achegaría aos xogadores de Manu Bello e Raúl Salgado aos postos altos da táboa. Será complicado recuperar o basketaverage, pero se algo ten o equipo sénior é a capacidade de sorprendernos cada xornada.

O dobre desprazamento a Vilagarcía dos infantís e cadetes centrará a xornada da base. Os xogadores de Manu Bello visitarán a un Liceo co que están empatados a puntos na clasificiación. Na ida o partido foi un dos máis emocionantes dos cadetes esta tempada.

E o prato forte, Liceo - O Meco Indicadores.com en categoría infantil. Para pechar a ida desta liga enfróntanse os dous primeiros clasificados, que ao mesmo tempo seguen invictos. O partido non deixará nada decidido, pero empezarase a ver cal dos dous ten máis posibilidades de levarse o primeiro posto a finais de abril.

Todo isto sen descoidar os encontros benxamíns ou alevíns que farán as delicias dos asistentes.

A presentación do club foco de atención por parte dos principais xornais da comarca.

A parte do seguimento que fixo Todogrove.com, a prensa escrita tamén adicou un amplo espazo das súas seccións deportivas a informar sobre a nosa presentación.



Como exemplo, o Diario de Arousa abría este martes o seu suplemento de "Deporte Base" cun titular que reflicte perfectamente o carácter deste club: O Meco, exemplo de canteira.

Unha vez máis, os rapaces do Meco volven a ser os auténticos protagonistas.


26.01.2012:
A décima mención de "Xogador da Xornada", vai para o noso xogador número 10 do equipo sénior. Bruno Padín convértese así no primeiro xogador do Meco en repetir nesta sección, e gran parte disto teno o xenial último cuarto que se marcou no partido deste domingo con 4 triplas incluídas no último cuarto.


Bruno Padín (2 veces elixido xogador da xornada)



24.01.2012:
Bragas de pescozo oficiais do C.B. O Meco.

Outra das novidades deste ano. O club pon á venda a partir deste mércores bragas de pescozo co escudo bordado. O prezo deste produto é de 5 euros, e están dispoñibles na oficina do club.


Unha boa compra que será a compañeira perfecta para este inverno, e que se pode utilizar tanto acompañada co chándal do club, como con roupa de paseo.


23.01.2012:
PRESENTACIÓN OFICIAL DA TEMPADA 2011-2012.

Durante a tarde deste domingo 22 o C.B. O Meco fixo a presentación oficial da tempada 2011-12. Dende as 5 da tarde, todos os xogadores, adestradores, familiares, directiva, etc... estaban convocados para esta cita.

O programa da tarde abriuse coa entrega dos premios do I concurso de Basketpostais de Nadal. A partir dese momento, todos os xogadores do Meco pasaron a facerse as fotos. Primeiro foi a quenda das fotos individuais, xa que como novidade este ano realizouse un photocall para a páxina web, posteriormente tocoulle ás fotos por equipo cos patrocinadores, e por último foi a quenda para o momento máis agardado, a foto en familia.


(Foto: Todogrove.com)


Este ano supuxo a explosión definitiva do club como entidade de promoción do deporte base xa que instantánea reuniu a case 200 persoas entre xogadores, adestradores e directiva. Todo isto, acompañados polos numerosos familiares que encheron as gradas do Pav. Monte da Vila, e aplaudiron aos nenos como os auténticos protagonistas da vida deste club.

A páxina web de Todogrove fixo un seguimento a esta noticia. No seguinte enlace pódese acceder á noticia e a galería de fotos dos equipos (facer click aquí).

Igualmente, o club no apartado "Multimedia/Fotos
" ten unha carpeta adicada a este acontecemento, e no Facebook do club pódese acceder a unha estupenda reportaxe fotográfica de José Dopazo.


22.01.2012:
O C.B. O Meco volve a levarse o derbi ante un C.B. O Grove que non soubo matar o partido.

Os locais, nesta ocasión o C.B. O Grove, dispuxeron de rendas de ata 15 puntos durante a maior parte do partido, pero o C.B. O Meco seguiu loitando ata o final e conseguiu remontar o partido e levarse a vitoria.

Dende os primeiros minutos xa se puido observar que o noso equipo ía a ter problemas en ataque, xa que o C.B. O Grove xogou en zona durante os corenta minutos, e as nosas porcentaxes de tiro eran moi baixas. Sen embargo, sorprendía máis as dificultades que tiñamos en defensa para parar a certos xogadores rivais.

Os locais empezaron a levar o peso no marcador, e así o primeiro cuarto pechábase cun parcial de 19 a 16. A partir dese momento, empezarían a chegar os peores momentos do noso equipo, pois no segundo cuarto o atasco en ataque foi total. Pasaron case sete minutos ata que chegou a primeira canastra. A única nota positiva era que o C.B. O Grove tampouco estaba moi acertado, e no peor cuarto de ambos conxuntos, o parcial era de 11 a 4.



Despois do paso polos vestiarios, o equipo de Manu Bello e Raúl Salgado saía coa intención de cambiarlle o ritmo o partido. Dende as primeiras xogadas, o equipo buscaba correr e aumentar a intensidade de xogo, xa que o ritmo extremadamente lento dos locais non nos conviña. Pouco a pouco empezouse a xogar mellor en ataque. Sen embargo, os faios continuos en tiros libres non nos deixaron levarnos o terceiro cuarto, e o marcador a falta de dez minutos estaba 50 a 36. A partir da metade deste cuarto, os xogadores do C.B. O Grove comezaron a tirar pola borda o traballo de todo o partido ao encadear faltas técnicas por protestas e descalificantes, unha vez que xa foran advertidos polos colexiados en reitaradas ocasións.

O Meco, é un equipo que leva sobrepoñéndose a moitas dificultades esta tempada e non ía a deixar de loitar polo partido. Os xogadores tiraron de casta, cun parcial espectacular de 8 a 24 e levados polo maior número de seguidores que se atopaban na grada, déronlle a volta ao partido para levarse a vitoria. Moito mérito desta remontada foi a cargo de Bruno, que en 3 minutos de xogo foi capaz de anotar 4 triplas case consecutivas.




Unha vez igualado o marcador a 53, a falta de 4 minutos, os xogadores do C.B. O Grove víronse superados polo empuxe do xogadores do C.B. O Meco. Ata o final, o equipo fíxonos sufrir, pois cunha renda de 4 puntos a menos de 1 minutos, continuaron os faios en tiros libres, o que lle permitiu ao C.B. O Grove achegarse ao 58 a 60 final.


21.01.2012:
Os equipos infantiles suman cadansúas vitorias ante os últimos clasificados das súas ligas.

O equipo infantil feminino de O Meco Astegal impúxose ao C.B. Grove por 28 a 62. As rapazas de Yago Rego xa dominaban o marcador ao descanso por 20 puntos, e na segunda parte a distancia íase ampliando a cada minuto.

O noso equipo puxo un ritmo alto de partido ao que as rivais non puideron chegar, pois a maioría das canastras viñan de contrataques despois de roubo ou rebote. As rapazas suman así a súa vitoria da tempada, agardando que nos volvan a dar outra alegría no que lles resta de campionato.

O equipo infantil masculino de O Meco Indicadores.com non tivo ningún problema ante o BBC "B". O primeiro cuarto xa deixou o partido sentenciado cun parcial de 39 a 6. Os seguintes cuartos foron tamén de dominio local, que ao final pecharon o marcador cun resultado 114 a 18. Os rapaces chegan así á última xornada da ida invictos e empatados con Liceo, a próxima semana teñen duelo directo, e dese partido sairá o líder da primeira volta.


19.01.2012:
A primeira "xogadora da xornada" deste 2012 é Sara Folgada, do equipo alevín feminino Herbo-Venecia. Este é o primeiro ano de Sara no club, pero a pesar diso, nestes poucos meses mostrou unha gran progresión.


Sara Folgada (1 vez elixida xogadora da xornada)



16.01.2012:
Mateo Bello coa preselección galega de minibasket.

O noso xogador alevín foi convocado este pasado domingo para a primeira toma de contacto. Ao longo do día, o corpo técnico da FEGABA dispuxo de varias quendas de adestramento, nas que rapaces das catro provincias puideron amosar o seu nivel.



Mateo, empeza a seguir así o camiño que xa percorreron outros xogadores do club, como Dani Prol na súa etapa cadete, ou máis recentemente Martín Castro e Martín Torres, ambos participando no campionato minibasket de España do ano pasado.

Non será o último xogador do Meco en ter esta oportunidade, xa que a boa saúde da que gozan as nosas categorías benxamíns e alevíns esperamos que lles dea esta oportunidade a moitos nenos e nenas.


15.01.2012:
Tarde repleta de bo basket.

Na tarde de hoxe os equipos das categorías benxamíns foron os protagonistas. Dende as 17:00, as tres pistas do Monte da Vila enchéronse de xogadores do Meco, e as gradas de pais animando.

Os nosos equipos seguen a mellorar día a día e mostran en cada partido a súa progresión. Así, o equipo de O Meco Don Can que dirixe Andrea Cacabelos, a pesar de caer ante un rival fisicamente superior, xogou un gran encontro con todas as rapazas aportando e sobre todo Paula Cacabelos levando o peso da anotación.

O outro equipo benxamín feminino do club, O Meco Agrícola O Con, impúxose a ao equipo do C.B. Baltar grazas a un gran parcial no cuarto sexto de 20 a 0.

O Meco Indicadores supera ao Estudiantes por 41 a 86.



Partido moi frío e espeso por momentos, que os nosos infantís xa deixaron encarrilado no primeiro cuarto cun parcial de 7 a 26. A partir dese momento chegaron os momentos de relaxación, o que provocou que o Estudiantes apertara no segundo cuarto cun parcial de 12 a 13.

Despois do descanso, os nosos xogadores deron un novo empurrón ao anotar 31 puntos. Ata o final, O Meco seguiu dominando o xogo, contando todos os xogadores con bastantes minutos, incluído o alevín Manu Garrido.

O cadete masculino derrota con claridade ao Basket Deza.

O prognóstico inicial era favorable ao equipo de Manu Bello, xa que se enfrontaba ao último clasificado da competición. Os xogadores locais foron ampliando pouco a pouco as diferenzas no marcador ata o 71 a 15 final.


14.01.2012:
O equipo sénior trae a vitoria dende Baiona por 56 a 68.

No primeiro partido do 2012 para o conxunto de Manu Bello e Rául Salgado, o noso equipo soubo sobrepoñerse a un mal primeiro cuarto, para sumar a vitoria a domicilio.



As perdas de balón facían que o Baiona conseguise as primeiras diferenzas cun parcial de 12 a 4. O equipo estivo un pouco máis fino na metade do primeiro cuarto, reducindo diferenzas ata un 16 a 10, pero de novo as malas eleccións dábanlle ás ao Baiona para rematar o primeiro cuarto meténdonos 21 puntos. Unha tripla de Dani Prol dende o medio do campo sobre o tempo maquillaba o resultado.

O equipo tiña que mellorar en intensidade, e pouco a pouco foi subindo chanzos durante o segundo cuarto. Tras 7 puntos consecutivos de Dani Prol, conseguíase a primeira vantaxe de 26 a 28. O Baiona, sen embargo, seguía metido no encontro e cun parcial de 4 a 0 situaba o marcador en táboas ao descanso, 34 a 34.

As sensacións ían cambiando pouco a pouco, e Manu Bello no descanso facía especial fincapé nas perdas e no dominio do rebote defensivo. A partir do terceiro cuarto, o equipo foi traballando mellor as opcións en ataque, e mantendo o ton defensivo cunha gran labor de Palermo. Chegábase a dous minutos do final coa máxima diferenza ata o momento de 37 a 49.

O Baiona, cunha zona 3 - 2 intentaba responder ao dominio dos nosos, pero un gran acerto no tiro exterior impedíallo. Nestes momentos apareceu Mario para anotar varias triplas, e sobre todo, todo o equipo atopaba moi bo equilibrio entre xogo interior e exterior.

No último cuarto os locais intentaron endurecer o xogo, o que provocou varias perdas de balón e varios parciais favorables para o Baiona. Pero esta vez os nosos xogadores souberon matar o partido a través da defensa e alongando as posesións.

O equipo remata así a primeira volta da competición nun meritorio quinto posto, cun balance de 6 - 5, pero sobre todo cunha gran unión ante as dificultades que están a supoñer as numerosas lesións.

Xa está na rúa o número 38 da revista MCO.

Neste número destacan, entre outras, as novas sobre o inicio das competicións benxamíns, os resultados dos nosos equipos no último me, e a gañadora do concurso da postal de Nadal.

Como sempre, a resvista está dispoñible durante os partidos do C.B. O Meco, nas casas colaboradoras e a través da web, na sección "Multimedia/A Revista
".



O alevín masculino de O Meco Copyman vence en Pontevedra.


(Foto: José Dopazo)


Os xogadores de Manu Bello impuxéronse no seu desprazamento ao BB Pontevedra por 34 a 64. O equipo xogou a un bo nivel durante todo o encontro, e confírmase así na segunda praza da liga, a tan só unha vitoria do primeiro clasificado.

O Cortegada lévase unha vitoria doada ante O Meco Euromantenimientos.

Na categoría cadete as nosas rapazas enfrontábanse ao líder da competición. O partido da ida deixáranos unhas moi boas sensacións, e as rapazas querían repetir esa actuación.



No primeiro cuarto, as rapazas conseguiron plantar cara ao seu rival, estando varios minutos por riba no marcador. Sen embargo, as visitantes non se quixeron deixar sorprender, a través dunha defensa máis agresiva e xunto co acerto no tiro exterior, souberon levar o ritmo do partido ampliando cada vez máis as vantaxes. Ao final, O Meco 42 - Cortegada 82.

O benxamín masculino de O Meco Raúl Salgado Abogados perde ante o Estudiantes.

Os xogadores que adestra Raúl Salgado tiñan un compromiso complicado ante o Estudiantes, primeiro clasificado. Os visitantes non tiveron problemas en levarse o encontro, pero durante todo o partido os nosos xogadores intentaron ir mellorando pouco a pouco o seu xogo. Dende o primeiro minuto ata o último, os nosos xogadores competiron sen baixar os brazos.



12.01.2012:
A web do C.B. O Meco pecha o ano con máis de 9.500 visitas e 16.000 páxinas vistas.



A nova páxina web vén funcionando dende o pasado 17 de agosto e, segundo a aplicación google analytics, conseguiu un incremento de 2.000 de visitas e de máis de 5.000 páxinas vistas, con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Igualmente, o protagonismo C.B. O Meco segue a medrar noutras redes sociais. No facebook, o club superou a cifra dos 1.000 amigos, e no twitter xa son máis de 100 os seguidores que poden seguir os resultados do encontros en directo.

Continúa así a aposta do C.B. O Meco por achegar, día a día, a actualidade do club.



10.01.2012:
I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DE O MECO.

O xurado do concurso decidiu outorgarlle o premio a Aitana Arnoso García pola súa postal.




Para tomar esta decisión, o xurado valorou especialmente a capacidade de Aitana para conxugar deporte e Nadal, xunto con outros valores que se asocian ao club, como son a diversión, a amizade ou o compañeirismo.

Así mesmo, o xurado tamén decidiu premiar como finalistas polos seus traballos a Carmen Naveiro Cornes, Carmen Pais Lois, Carmen Vázquez Triñanes e Sara Folgada Colorado.

A gañadora recibirá como premio un chándal do Meco, unha camiseta e un balón. A súa postal será a que utilice o C.B. O Meco para felicitar o próximo Nadal.
As finalistas recibirán como premio unha camiseta e un balón.



08.01.2012:
TORNEO BENXAMÍN C.B. VILAGARCÍA.

Un combinado de xogadoras dos nosos dous equipos benxamíns participou este sábado no I Torneo "Toa Paterna" organizado polo C.B. Vilagarcía.



As nosas xóvenes xogadoras disputaron tres encontros, gañando ante o C.B. Vilagarcía B por 42 - 12 e Pabellón Ourense por 55 - 5. A derrota ante Porriño por 16 - 32 privounas do primeiro posto do grupo e da posibilidade de xogar a final do torneo, que posteriormente gañaría o C.B. Vilagarcía.

Moi boa experiencia para as rapazas, que a parte de xogar os encontros de baloncesto, tiveron un día de convivencia acompañadas polos pais que se desprazaron con elas.



Dende aquí agradecerlle ao C.B. Vilagarcía a súa invitación.


04.01.2012:
VII NAVIBASKET VILA DE NOIA.

Moi boa experiencia para os nosos equipos infantiles e cadetes, tanto masculinos e femininos, a que disfrutaron en Noia.

Os nosos conxuntos xogaron moi bos partidos nos respectivos triangulares, conseguindo dous segundos postos, infantil e cadete feminino, e dous primeiros postos, infantil e cadete masculino.

Durante a tarde, nos torneos individuais, os nosos xogadores seguiron acaparando o protagonismo nas distintas competicións, conseguindo levarse varios trofeos:

- Manu Bello e Antía Dopazo: concurso de triplas.
- Xoel Blanco: concurso de mates.
- Tamara Meis: habilidades.
- David Devesa: tiros libres.
- Sara Barreiro e Aida Iglesias: two ball infantil feminino.
- Mateo Bello e Martín Torres: two ball infantil masculino.
- Lara Castro e Carmen Domínguez: two ball cadete feminino.
- David e Dani Cornes: two ball cadete masculino.
- Martín Torres: MVP infantil masculino.
- Xoel Blanco: MVP cadete masculino.

Pero sobre todos, lévanse o premio dos amigos feitos e da competición. Dende aquí, agradecer ao C.B. Noia a súa invitación.






Lembra que podes consultar as novas de meses anteriores na sección "Actualidade/Arquivo/Índice "

Podes seguir toda a actualidade do C.B. O Meco a través de Twitter, Facebook,  Tuenti e Youtube. Con estas canles podes estar informado en tempo  real e ampliar os contidos que ofrecemos na web.

Ao mesmo tempo, podes aportar suxerencias, facer preguntas... ou interactuar co club.

Agardamos atoparte na rede!!!





ón sobre a nova páxina web



 
 

"Para un adestrador, o resultado final non se le en puntos a favor ou puntos en contra. Ao contrario, lese en cantos homes e mulleres saíron de tantos xóvenes xogadores. E este é un resultado que ningún xornal, estadística ou libro de marcas publicará nunca. E este é o resultado que un se le a un mesmo, cando o último partido remata."

Denny Crum

 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal