Menu Principal
A revista MCO é unha aposta do club por achegar aos colaboradores, seareiros, xogadores, etc... a actualidade do C.B. O Meco.
Dende a súa aparición, a calidade da publicación vén avalada polo seu nivel de aceptación e recoñecemento, non só polos máis próximos ao C.B. O Meco, senón polo resto de clubs da comarca, seareiros, casas comerciais, delegacións de baloncesto, Federación Galega de Baloncesto, etc...
A revista MCO ten unha tirada mensual, e está dispoñible durante os partidos do C.B. O Meco, nos establecementos colaboradores e en formato dixital a través da web.
Todo isto non sería posible sen o esforzo do coordinador, José Antonio Otero González, nin da estupenda labor que fai o equipo de Todogrove na realización.
NÚMEROS DISPOÑIBLES DA REVISTA MCO
Número 37 -
Numero 38 -
No último número da revista tes dispoñible os seguintes artigos:
Competición: Resultados e clasificacións dos equipos en competición.
Editorial: O director deportivo fai balance do último mes.
Benxamíns: Comezaron as competicións para os máis cativos.
Infantís/Cadetes: O infantil masculino continúa nos postos altos.
Sénior: A piques de comezar a segunda volta, os sénior ocupan o sétimo posto
Novas: Novas pistas no pavillón. O club despediu o ano cun picoteo de Nadal. Os xogadores da xornada.
Entrevista: Dani Franco, adestrador e encargado da web e o twitter responde as nosas preguntas.
Torneos: infantís e cadetes comezaron o ano acadando un bo número de trofeos no Torneo Navibasket Vila de Noia.
Concurso: Aitana Arnoso gañadora do concurso Basket-
A última: Horarios de adestramentos