Menu Principal
31.08.2011: Hoxe, coa posta en marcha dos equipos infantís, o Pavillón Municipal Monte da Vila volve a ser o epicentro da actividade do club. Despois duns meses de descanso, os sons dos botes duns 20 balóns, rompeu o silencio do recinto e anuncia a posta en marcha de toda a maquinaria.
As rapazas da categoría infantil fixeron a súa primeira toma de contacto ás 17:30 guiadas por Yago Rego. Sobre as 18:30 chegoulles a quenda aos rapaces da man de Dani Franco.
Os adestramentos dos equipos cadetes, tanto masculino como feminino, pecharon a xornada completando unha tarde completa de baloncesto.
Tanto o equipo infantil feminino como o masculino están convocados este venres día 2, a partir das 16:30 no Pavillón Monte da Vila para o segundo adestramento.

29.08.2011: O próximo mércores día 31 de agosto comezan os adestramentos para os equipos infantís, tanto masculino como feminino.
Infantil Feminino: Mércores 17:30 -
Están convocados todos os xogadores dos anos 98 e 99 para a primeira toma de contacto.
Cadete Feminino: Luns 20:00 -
23.08.2011: Os horarios de adestramento para o xoves 25 e venres 26 son:
Cadete Feminino: Xoves 18:30 -

23.08.2011: Os horarios de adestramento para o mércores 24 son:
Cadete Feminino: 19:30 -

22.08.2011: Os equipos cadetes completaron hoxe o segundo adestramento da tempada. O equipo cadete masculino está convocado tamén mañá as 20:30 no pavillón do Monte da Vila.
As ganas por comezar estanse a notar no equipo sénior, e algúns dos seus integrantes xa comezaron a correr pola súa conta para ir adiantando traballo físico.
21.08.2011: A anécdota da xornada atopámola nos informativos da TVG, a partir do segundo 53 podes ver a entrevista a un dos adestradores do club, Raúl Salgado. Está claro que nesta tempada que empeza, a xente do Meco ten moito que dicir.

Podes ver toda a reportaxe no seguinte enlace: reportaxe TVG.
20.08.2011: No día de onte a FEGABA deu a coñecer a lista definitiva dos equipos inscritos para participar na 2ª División Sénior Masculina. Ao noso equipo, que xa figuraba como preinscrito o pasado día 12, únense outros 23 equipos de toda Galicia.
Nas vindeiras datas a FEGABA publicará o calendario da competición, repartindo os 24 equipos en dous grupos de 12 respectivamente.
As previsións apuntan a que o noso equipo se encadrará no grupo Sur xunto con: Cruz Alta, Baiona, Liceo, Seis do Nadal, Cluny, Rosalía, O Grove, Allaríz, Xuven, Marín e ABO. Formando así unha liga de 12 equipos.
Podes consultar a circular da FEGABA facendo click no seguinte enlace: Circular FEGABA.
19.08.2011: Os dous equipos da categoría cadete do club completaron o seu primeiro adestramento da tempada.
As rapazas, da man de Dani Prol, adicaron esta xornada a completar a primeira carreira ata a Illa da Toxa. Os rapaces, pola súa banda, estiveron no pavillón do colexio Conmeniño realizando o primeiro test e completando unha serie de exercicios de resistencia.
Os proximos adestramentos serán o vindeiro luns día 22, os dous equipos sairán do pavillón municipal Monte da Vila, para continuar coa súa preparación física.
Cadete Fem: Luns ás 20:30.Masc: Luns ás 21:00.

18.08.2011: Primeiros adestramentos da nova tempada para os equipos do C.B. O Meco:
Cadete Masc: Venres ás 21:00 en Conmeniño.Fem: Venres ás 20:30 no Pavillón Monte da Vila.
O equipo feminino comeza con ilusión o ciclo cadete da man de Dani Prol. Os rapaces, pola súa banda, poranse nas mans de Dani Franco estas primeiras semanas.
Toca empezar a traballar para afrontar con garantías o inicio das súas respectivas ligas, que este ano comezarán a disputarse o 25 de setembro.
17.08.2011: O club convoca aos xogadores cadetes, tanto do equipo masculino como do feminino, para a reunión de pretempada.
Os rapaces están citados mañá xoves 18 ás 16:30 no Manos.
As rapazas están citadas mañá xoves 18 ás 20:30 no Manos.
Os adestramentos comezarán de inmediato.
15.08.2011: Despois de ser o último equipo en rematar a competición na tempada pasada, tras proclamarse campión da copa arousana, o equipo cadete masculino será o primeiro en empezar a traballar.
Os xogadores que dirixirá Manu Bello, están convocados o próximo venres 19, no pavillón do colexio Conminiño, para as primeiras probas físicas.
Empeza así a tomar forma a pretempada do C.B. O Meco. Ao equipo cadete masculino, unirase os próximos días o sénior e o cadete feminino.
13.08.2011: Juanjo Barral, xogador que dende as últimas dúas tempadas viña xogando no equipo sénior, comunicoulle ao corpo técnico a súa intención de non continuar. Só nos queda agradecerlle o compromiso mostrado co club e desexarlle sorte nos seus novos proxectos.
Con esta baixa, o equipo sénior conta con 10 fichas, co que nas próximas semanas intentarase incorporar a 1 ou 2 xogadores para poder empezar a pretempada.
Podes consultar a actual composición da equipo neste enlace: equipo sénior.
09.08.2011: Os equipos cadetes xogan o seu 1º partido de liga o 25 de setembro. As ligas xa están á volta da esquina.
01.08.2011: O C.B. O Meco quere anunciar a incorporación de Borja Franco Bello como integrante da plantilla sénior. Con esta nova peza, o equipo que dirixirá Manu Bello apuntala o seu xogo interior cun pívot de 2,05.
Borja Franco xa estivo en 2 etapas anteriores no noso club. A primeira sendo infantil, no equipo que conquistou a Liga Arousana e xogou posteriormente Liga Galega, e na segunda sendo xuvenil, conquistando ese ano o Torneo Apertura e xogando Liga Galega.
A esta nova cara únese tamén Nacho Rey, que despois de completar a súa etapa de formación como xuvenil, retorna ao club donde se iniciou na práctica do baloncesto.
O club segue traballando para incorporar a un último xogador que peche a plantilla, e así poder comezar a pretempada con todos os efectivos dispoñibles.
Podes consultar a actual composición da equipo neste enlace: equipo sénior.