Menu Principal

Guía de axuda aos Pais
Hola, benvido ao CB O Meco. Esta páxina tenta ser unha guía para axudarche a entender como funcionamos no club. Esperamos poder aclararche moitas das dúbidas que poidas ter unha vez que o teu fillo ou filla empeza a practicar baloncesto, máis concretamente o Minibasket.
FILOSOFIA: Para nós o obxectivo fundamental é que ó neno lle guste o basket, aprenda e se forme como persoa e xogador. Temos a obriga de ensinarlle a xogar, gañar, perder, esforzarse, respectar aos compañeiros, adversarios, adestradores, árbitros, etc. Todo isto, loxicamente, en colaboración cos pais.
CATEGORIAS: Normalmente os nenos teñen a súa primeira toma de contacto co baloncesto cando están en 2º de Primaria, algúns fano un ano antes. Durante 3 anos estarán na categoría Benxamín (2º/ 3º /4º). Os nenos de 5º e 6º conforman a categoría Alevín.
COMPETICIÓN: Durante a categoría benxamín o club organiza dende a pasada tempada 09/10 unha liga de carácter interno chamada Liga Minimeco onde os equipos se enfrontan entre sí durante a tempada e sempre no Pavillón Monte da Vila. Adoita ser os domingos pola tarde sempre que o pavillón esté dispoñible. Cada equipo ten o seu patrocinador que lles regala a roupa.
Os alevíns, pola outra banda, participan nunha liga organizada pola Delegación Arousán de Baloncesto. A gran cantidade de equipos fai que se organicen 2 grupos. Na reunión que se fai a principios de tempada, decídese si se fan por cercanía (para evitar desprazamentos longos) ou por niveis para que non haxa moita diferenza entre os equipos.
PARTIDOS: Os de Benxamín duran aproximadamente unha hora incluidos os descansos e xóganse os domingos as 17:00
Para os Alevíns hai un regulamento competitivo. Xóganse 6 tempos de 8 minutos. Solo pode haber cambios no último tempo, agás por motivo de lesión. Tódolos xogadores teñen que xogar polo menos en 2 tempos, e teñen a obriga de descansar en 1 tempo durante o partido.
ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS: Aparte das competicións organizadas pola Federación Galega, o club participa en distintas actividades.
En Semana Santa os alevíns levan acudindo o martes a unha concentración alevín xunto con outros clubs. De mércores a sábado celebrase un acontecemento inesquecible para os nenos en Vilagarcía, a 'Basketcup', onde se reunen equipos de toda Galicia e Portugal e aparte de xogar e participar das distintas actividades que hai alí, poder coñecer e convivir coas estrellas do futuro, xa que hai un Torneo sub-
En Maio O Meco celebra a Convivencia Benxamín onde participan tódolos nenos da Delegación Arousá. Uns 200 nenos que durante todo o día xogan, conviven e se divirten.
AREA DE INFLUENCIA: A Delegación Arousá de Baloncesto abarca a zona de influencia da comarca da Arousa, e polo tanto, os desprazamentos soen ser a Portonovo, Cambados, A Illa da Arousa, Vilagarcía, Poio, Pontevedra, Marín, Pontecesures e o que pode ser o mais lonxe, A Estrada.
COMPROMISO: Cando un xogador empeza a xogar en un equipo, os pais teñen que entender que o club ten un compromiso adquirido tanto coa Federación como cos demais equipos, e non podemos deixar de asistir aos partidos porque os nenos están castigados, ou porque van de compras. Sabemos que hai compromisos que son prioritarios, e están antes que o baloncesto, pero queremos que os pais pensen na importancia de pertencer a un club.
Cando teñas que organizar unha festa de cumpre por exemplo, pregunta antes si hai partido a esa hora nese día, e si é inevitable facela nese momento comunícallo ao club a maior brevidade posible para poñer o partido a unha hora na que todos poidamos estar.
OS PAIS NA GRADA: Non imos a dicirlle os pais como teñen que comportarse na grada, faltaría mais. Nós, como responsables dos xogadores, preferimos que os pais animen e non xoguen a ser 'adestradores' pois coa súa intención de axudar chegan a confundir os crios. Tamén pedimos que non critiquen os árbitros, e deixen ese papel ao adestrador. Hai que ter en conta que tamén os árbitros están aprendendo e entre todos tamén temos que axudarlles.
Por outro lado, os pais as veces baixan ao campo para ver si o neno se fixo dano, ou porque chora, etc. O adestrador é o responsable do neno (igual que na escola fai un profesor) e polo tanto debe encargarse da atención do neno, chamando aos pais só si fose necesario. O mesmo pasa cando se trata de vestir os rapaces no vestiario.
¿CANTO TEÑO QUE PAGAR? Normalmente o club deixa un tempo prudencial para asegurarnos que ao rapaz lle gusta o baloncesto e decide quedarse toda a tempada. É entón o momento de pedirlle aos pais e ao neno que se fagan socios. As cuotas van de 25€ para os adultos e 10€ para os nenos para toda a tempada. O feito de ser socio é un acto voluntario e cada un aporta o que pode. Para nos o mais importante é que o neno faga deporte.
ROUPA DE XOGO: Está formada por un pantalón, unha camiseta de xogo e unha camiseta de quentamento para os partidos. O pantalón e a camisteta de xogo son propiedade do club e se devolverán a fin de tempada. Estes non deben ser usados nin para adestrar nin para andar pola rúa. O chandal é un modelo Legea. Este é un pantalón e chaqueta de moi boa calidade e dura varias tempadas. Será este o chandal que leve aos partidos ou Convivencias representando ao Club, independentemente de que o use para outros momentos que queira.O club ten no almacén este chandal que é vendido aos pais ao prezo de coste, uns 40 €.
PARTICIPACIÓN DOS PAIS: A actividade que se desarrolla nun club coma o noso, e coa gran cantidade de nenos que forman os nosos equipos,é moi grande. Por eso, si queres colaborar con nos sempre hai cousas que facer, delegado, asistir a reunións, marcar as pistas.etc.
Seguro que hai mais cousas que se me escapan. Calquera dúbida que che puidera quedar, ponte en contacto con Anxo Cornes (Director Deportivo).
Educando xuntos
Un club de canteira como o C.B. O Meco, asume a responsabilidade que ten na importante tarefa de educar e formar en valores e hábitos positivos aos máis xóvenes.
Polo tanto, é necesario contar co apoio de todos os que poden exercer un papel nesta tarefa no clube (adestradores, directiva, etc.) e, por suposto, co labor que os pais realizan todos os días. Se o apoio que realiza o club non é apoiado polos pais, dificilmente poderemos conseguir os obxectivos que desexamos. Entre eles están utilizar o baloncesto para consolidar valores.
A mellor axuda que un pai lle pode dar ao seu fillo é ter sempre a seguinte premisa "a mellor forma de ensinar é co exemplo":
Respectar a figura do adestrador, dos membros do club, sen menospreciar o seu traballo nin entrometerse nel.
Respectar ao resto de pais e xogadores.
Respectar aos árbitros e aos equipos rivais.
Animar sen presionar.
Informar aos adestradores sobre aspectos que afecten á hora de que os seus fillos poidan practicar deporte.
Evitar que a primeira pregunta ao seu fillo sexa: ¿Gañaches?. É mellor mostrar interese polas conductas ¿Divertícheste?