Menu Principal
31.12.2011: Torneo de Noia. Infantiles e cadetes masculinos e femininos.
Saída o día 3 de xaneiro ás 9:00 no corgo (diante da estatua) e regreso as 21:00 con chegada ao Grove ás 22:30, aproximadamente.
Coste da viaxe: 6€ por xogador.
29.12.2011: O adestramento infantil masculino que estaba programado para o venres ás 19:30 queda cancelado. O próximo adestramento será o mercores 4 no horario habitual.
26.12.2011: PROGRAMACIÓN DE ADESTRAMENTOS PARA O NADAL:
Os benxamíns e Prebenxamíns non adestran.
Mércores 28:
10:30 Alevíns Masc e Femin.
11:30 Infantil Feminino
12:30 Cadete Feminino
Xoves 29:
20:00 Cadete Masculino (Conmeniño)
Venres 30:
10:30 Alevíns Masc e Femin.
11:30 Infantil Feminino
12:30 Cadete Feminino
19:30 Infantil Masculino (Conmeniño) -
21:00 Cadete Masculino e Sénior (Conmeniño)
TORNEO NOIA
O noso club acude a Noia o día 3 de xaneiro respondendo a unha invitación do CB Noia para os equipos infantís e cadetes.
O horario dos partidos e actividades é o seguinte:
Infantiles e Cadetes masculino e feminino.
Saída o día 3 de xaneiro as 9:00 horas e regreso as 21:00 con chegada ao Grove as 22:30, aproximadamente.
Coste da viaxe: 6€ por xogador.
PAVILLÓN ALONSO RODRÍGUEZ PAVILLÓN MUNICIPAL
12,00 INF. FEM. CB NOIA – O MECO // CAD. FEM. CB NOIA – O MECO
13,00 INF. MASC. CB NOIA – O MECO // CAD. MASC CB NOIA – O MECO
14,00 FASE PREVIA CONCURSOS COMIDA
15,00 INF. FEM. RIVEIRA – O MECO // CAD. FEM. CB BAIO – O MECO
16,00 INF. MASC. OBRADOIRO – O MECO // CAD. MASC. CB BAIO -
17,00 ALL STAR FEMENINO
18,00 ALL STAR MASCULINO
19,00 FINALES DE CONCURSOS FINALES DE CONCURSOS
20,30 ENTREGA DE TROFEOS
21.12.2011: Toda a familia do C.B. O Meco quere desexarvos un Bo Nadal e unhas felices festas.
22.12.2011: Non sacamos a ninguén de pobre, pero repartimos moita ilusión. O número 87.884 da lotería de Nadal deixa 5 euros por cada euro xogado.
21.12.2011: Sorte a todos, e que O Meco reparta sorte.

18.12.2011: Os equipo de O Meco Indicadores pecha o ano cun pleno en vitorias.
O conxunto infantil fixo un partido moi serio, e xa dende o primeiro minuto non deu opción aos visitantes. O primeiro cuarto amosaba un parcial de 32 a 8 que xa deixaba sentenciado o partido.
Pero o equipo non se relaxou e seguiu mantendo esa intensidade durante os seguintes cuartos, como o demostran os parciais de 25-
Todos os xogadores dispuxeron de minutos de xogo, coa inclusión dos alevíns Manu Garrido e Mateo Bello, participando nun partido moi completo como equipo, para asinar o 92 a 49 final.
Moi bo partido das alevíns de O Meco Academia Oxford.
O noso conxunto alevín de primeiro de ano estivo a piques de levarse a vitoria ante o Marín Peixegalego. Durante moitas fases do partido dominou no marcador, pero as visitantes souberon dar o tirón final no último cuarto para quedarse coa vitoria por 33 a 40. Debut das benxamíns Sheila Barreiro e Iria Cao, que o fixeron moi ben aproveitando os minutos dos que dispuxeron.
17.12.2011: Os sénior recuperan as sensacións e pechan o ano volvendo á senda da vitoria.
O equipo soubo sobrepoñerse a unha semana de dúbidas despois da derrota ante o Val de Lemos, e aos problemas para adestrar ao ter a varios xogadores tocados. Non parecía un partido moi doado a priori o que nos ía a enfrontar ao Rosalía, xa que é a pesar de ser un conxunto da parte baixa da táboa, intenta imprimirlle aos partidos moito ritmo e intensidade.
Sobrepoñéndonos ás dúbidas iniciais, o equipo non podía comezar mellor, xa que pechaba o primeiro cuarto cun parcial a favor de 27 a 14. Notábase na pista o gran traballo de Manu Bello e Raúl Salgado preparando o encontro, xa que o equipo conseguía romper a presión que practicaban os visitantes constantemente, e conseguir anotar con facilidade. Moito mérito da vitoria tena non perder balóns e ser capaces de atacar contra a intensidade do Rosalía.
O segundo cuarto foi o de máis imprecisións do partido, as defensas collían importancia sobre os ataques, como demostra o parcial de 17 a 14.
Cunha vantaxe de 16 puntos ao descanso, o noso equipo non se relaxou como soe pasar nos terceiros cuartos. A fortaleza do noso xogo interior seguía a dar os seus froitos, e permitía ampliar a diferenza a 23 puntos.
Co último cuarto por xogar, chegaron as peores noticias do encontro, situacións do xogo mandaban a Bruno e Lucas ao banco por molestias, e apartaban a Nacho do partido por lesións. O equipo non se descompuxo e seguiu a realizar o seu traballo ata o final. Cun marcador a favor de 90 a 60, e agardando que a lesión de Nacho non sexa grave, o noso conxunto pecha este 2011 cun balance de 5 vitorias e 5 derrotas no sétimo posto da táboa.
Quédanos a sensación de que as lesións están a castigarnos en exceso, e co parón do Nadal esperamos recuperar á maior cantidade de xogadores.
Partido moi intenso o de O Meco Bar Manos no Pombal.
Tanto o Xuven como O Meco saíron a xogar con moita intensidade, o que fixo que o partido fose moi loitado por ambos conxuntos. No primeiro cuarto o Xuven endosaba un parcial de 7 a 0 aos nosos, pero ata o final conseguimos refacernos e empatar a 11. Ao descanso os locais sacaban unha vantaxe curta froito dos seus esforzos por querer romper o partidos.
Na segunda parte o Xuven conseguía a súa máxima diferenza con 16 puntos a favor, os nosos xogadores intentaron remontar e conseguían reducir a diferencia a tan só 6 puntos. Un par de parciais a favor de cada equipo, ampliaba e volvía a reducir a diferenza. Sen embargo, no último cuarto os locais conseguían romper definitivamente o encontro e distanciarse no marcador ata o 70 a 48 final.
As cadetes case sorprenden ao Río Ulla na súa casa.
Unha mágoa a derrota por tan só 6 puntos ante un dos conxuntos importantes da liga. Durante moitos minutos do partido, as xogadoras de O Meco Euromantenimientos mandaron no marcador. Durante todo o encontro se mostraron moi serias ante un equipo potente. No último cuarto faltou rematar o traballo feito, e o Río Ulla foi capaz de darlle a volta ao marcador para rematar impoñéndose por 42 a 36
Os alevíns de O Meco Copyman impóñense ao Xunqueira por 71 a 51.
Partido moi vistoso por parte dos dous conxuntos. A pesar da diferenza final, o Xunqueira aguantou o tirón ata o descanso, donde chegaba gañando por 25 a 26. Dende ese momento, os nosos xogadores empezaron a estar máis acertados cara o aro.
As benxamíns de O Meco Agrícola O Con vencen no seu primeiro desprazamento da tempada por 2 a 52.
Despois de xogar tres partidos como locais, as rapazas de Agrícola O Con visitaban ao equipo do Abrente no seu colexio. Durante todo o partidos, as nosas xogadoras foron superiores a un conxunto moito máis xoven. Todas as xogadoras dispuxeron de moitos minutos e conseguiron anotar.
O Meco Raúl Salgado Abogados gaña en Vilagarcía contra o Liceo.
Nun bo partido dos nosos benxamíns, quizais notaron o feito de xogar en pista grande, co que o cansazo foi un factor importante do xogo. O equipo dominou durante todo o encontro no marcados, e consegue así a vitoria por 16 a 33.
15.12.2011: Recordamos que este venres 16 é o último día para a entrega dos talonarios de lotería, pódese facer durante os horarios de adestramento no pavillón ou no comercio Cero Sesenta.
O CB Noia convidounos a pasar unha xornada de confraternización o martes 3 de Xaneiro 2012. Os equipos infantís masculino e feminino, e os equipos cadetes masculinos e femininos xogarán partidos alí durante o día. Teredes máis detalles nos vindeiros días.
14.12.2011: Este ano púxose en marcha o "I Concurso de Basket Postais de Nadal", dirixido a todos os membros do C.B. O Meco.

As bases son as seguintes:
Poderán participar todos os membros do club baloncesto o meco.
Só se admitirá unha postal por persoa.
A postal deberá estar relacionada co baloncesto e o nadal.
Deberá aparecer reflectido o nome, apelidos e idade do concursante, así como o nome do equipo ao que pertenza, no caso de ser un xogador ou xogadora do club.
As postais poden levar debuxo e texto.
Poderán facerse a calquera medida e cos materiais que se consideren oportunos.
A basket postal será depositada no buzón que se situada na oficina do club.
A data límite de entrega será o venres 23 de decembro.
En épocas de exames atopamos a noticia curiosa do día. Os xogadores do club, e sobre todo os da categoría cadete, teñen unha semana moi dura con exames diarios. Na hora do adestramento cadete feminino, varias xogadoras aproveitaron para despexar dúbidas en matemáticas co seu adestrador, Dani Prol. Deste xeito, cambiouse o dominio do balón polo dominio das ecuacións de segundo grao.

13.12.2011: Esta fin de semana podemos gozar dos últimos encontros dos nosos equipos neste 2011, antes do parón de Nadal.
Hai moitos partidos interesantes para seguir. Empezando polos partidos benxamíns, que na semana anterior mostraron un bo nivel. O partido das infantís na Illa contra o Dorna, na que as nosas intentarán sumar a segunda vitoria. Pasando polo intenso Xuven -
O menú é de moita variedade e calidade.
11.12.2011: Os cadetes mostran a súa progresión ante o C.B. O Grove.
Ante un rival que fai dous anos, cando os xogadores deste equipo eran infantís de primeiro ano, nos gañou todos os encontros xogados, agora sendo cadetes de primeiro ano conseguiron unha vitoria cómoda por 73 a 31.
Os xogadores de Manu Bello lograron impoñer o seu ritmo durante todo o encontro. Nos momentos nos que o equipo quería correr, era capaz de desbordar ao conxunto visitante con rápidas transicións, e nos momentos nos que tiña que atacar en estático, conseguiron traballar sempre sobre a mellor opción.
O dominio do rebote ofensivo foi clave contra a defensa en zona que durante todo o partido expuxo o C.B. O Grove, xa que nos permitiu ter segundas opcións e impedir que os visitantes anotaran en contraataques.
O equipo sénior non consigue traer a vitoria de Monforte.
O equipo de Manu Bello e Raúl Salgado non foi quen de sumar no seu desprazamento a Monforte de Lemos. Durante a primeira parte o noso equipos dominou no marcador por distancias de 5 puntos, chegando ao descanso cun marcador favorable de 26 a 31.
Pero na segunda parte, os nosos xogadores non foron capaces de illarse da mala actuación arbitral. As decisións dun dos colexiados remataron por sacar aos nosos xogadores do xogo, o que permitiu ao Val de Lemos remontar a falta de cinco minutos para o final. O equipo fixo un último esforzo por intentar igualar o marcador, pero as decisións do árbitro non o permitiron.
Derrota en terras lucenses por 73 a 63, que deixa ao noso equipo cun balance de 4 vitorias e 5 derrotas.
As infantiles perden contra o Río Ulla por 35 a 81.
Non puideron facer moito as xogadoras de Yago Rego contra un equipo superior no plano físico. Pouco a pouco a vantaxe foise ampliando a favor das locais, que anotaban as súas canastras tras perdas nosas de balón, ou en contraataques.
10.12.2011: Moi bo nivel nos partidos benxamíns.
Moi bo o nivel que mostraron os nosos equipos benxamíns na mañán de hoxe. Detalles de calidade nos 4 partidos e tamén nos prebenxamíns do Meco.
Aprendendo a ser xogadores e a competir, sacrificarse e respectar, e sobre todo sabendo ler máis alá do resultado que sinala un marcador.

O equipo infantil de O Meco Indicadores gaña en Vilagarcía por 44 a 78.
Coa baixa de Sergio, que no adestramento de onte mancouse nunha man, e ao que todos lles desexamos unha pronta recuperación, o equipo infantil desprazouse a Vilagarcía para enfrontarse ao BBC A.
Dende o primeiro minuto os rapaces saíron coa idea de meter ao BBC nun ritmo alto de xogo. Na primeira metade conseguiron recuperar numerosos balóns e anotar canastras en contraataque, chegando ao descanso cun marcador de 18 a 49 que xa deixaba sentenciado o partido.
Na segunda parte, e xa co partido decidido, o ritmo baixou. O BBC sentiuse máis cómodo na pista, e conseguiu mellorar o seu xogo.
O importante é que durante o partido, todos os xogadores dispuxeron de minutos e aportaron cousas na pista.

07.12.2011: DÍA HISTÓRICO PARA O GROVE

Por fin, despois de moitos anos agardando, a Xunta asinou no día de hoxe o convenio para a construcción do novo polideportivo, que se vai construir no Monte da Vila. Esta nova instalación vai aliviar a agobiante situación que os clubs, en especial o noso, estamos sufrindo no uso dunha instalación masificada.
Ademais, o novo pavillón vai permitir que máis xente poida acceder ao deporte e que a celebración de eventos (bailes, carnavais, etc) non perturbe a propia actividade dos clubs.
Grazas a todos os que fixeron posible este logro. Grazas aos políticos que xa non están no goberno e aos que aínda están, pero sobre todo grazas á Asociación para o Deporte Meco (ADM), que en todo momento fixo un seguimento das negociación para que nunca se viñeran abaixo.
06.12.2011: Este mércores e venres os adestramentos celebraranse nos horarios habituais.
Despois da semana de parón, voltamos coas pilas cargadas para afrontar os 11 partidos que xogarán os equipos do C.B. O Meco.
04.12.2011: Esta fin de semana caracterizouse polo parón das competicións, tanto na base como do equipo sénior. O único equipo que xogou foi o alevín de O Meco Copyman que adiantou o seu partido da seguinte semana. Os rapaces impuxéronse ao Marín Peixegalego por 27 a 63.

(Foto: José Dopazo)
O parón nos encontros non supuxo a paralización total da actividade do club. Aproveitando o tempo libre de partidos, unha vez máis a directiva púxose mans á obra para mellorar as instalacións nas que os nosos xogadores adestran e compiten.
Durante a mañán do sábado a directiva saltou a pista para dar outro paso adiante na nosa historia. Procedeuse a pintar 3 campos no pavillón Monte da Vila que permitirán aos nosos 8 equipos de minibasket e aos 4 de priminibasket poider xogar partidos en condicións.

A esto hai que unirlle o gran traballo realizado por Jose e Paco cambiando rodas nas canastras, arreglando aros, colocando estanterías, etc...
01.12.2011: Adíántase o partido alevín Marín Peixegalego -
Vitoria importantísima e traballa a dos cadetes en Vilagarcía contra o BBC. Remontada nos últimos minutos e canastra gañadora de Xoel que lle fan merecedor do "Xogador da Xornada".

Xoel Blanco (1 vez elixido xogador da xornada)