Menu Principal

O Club Baloncesto O Meco nace alá polo ano 1999, é polo tanto un club moi novo. Sen embargo, xa é coñecido en toda Galicia pola súa participación nas ligas galegas cos diferentes equipos da base.
O Meco naceu coa intención de crear unha base sólida de baloncesto en O Grove. Foron moitos os rapaces e rapazas que se sumaron a este novo proxecto, superando incluso, ás expectativas marcadas. Hoxe contamos con equipos en todas as categorías, tanto masculinas como femininas.
Capacitado xuridicamente polos seus estatutos para o fomento do deporte, temos como actividade específica o desenrolo do Baloncesto.
En efecto, o noso horizonte como club deportivo está no fomento, encauzamento e desenrolo do deporte, proporcionando o coñecemento, a formación e a participación entre os/as xoves, contando cunha estructura consolidada e a filosofía de fomentar o baloncesto a partir da súa base.
A escola de basket nace de forma oficial na tempada 2000-
Contamos con varios adestradores formados no club, ademais do apoio e axuda de xogadores das categorías superiores, que ano a ano mostran os seus coñecementos e o seu cariño os máis cativos.
Creemos sinceramente que é importante manter estas directrices e seguir subindo escalóns no longo camiño da educación a través do deporte. Hai que facelo porque nos ilusiona a todos os que estamos aquí. Non nos move ningún outro tipo de interese que non sexa proporcionar o mellor para os nosos nenos e nenas, queréndoos no marco deste maravilloso medio:
O Baloncesto.
BALANCE DA TEMPADA 2010 -
SENIOR MASCULINO AUTONÓMICO
6º en Liga 11º a nivel Galego
INFANTIL MASCULINO
Campión da Previa
Subcampión de Liga
Campión Copa Arousá
INFANTIL MASCULINO B
3º Previa Grupo B
5º en Liga
INFANTIL FEMININO A
3ª da Previa
Campioas de Liga
Semifinalista Copa Galicia
INFANTIL FEMININO B
3ª da Previa Grupo B
8º en Liga
ALEVÍN MASC. A
Campión de Liga
1/4 Liga Galega
ALEVÍN FEM. A
4º en Liga
Subcampionas de Copa Arousá
ALEVÍN MASC. B
5º en Liga