Menu Principal
Partidos da xornada
25-
consultar circular
Sénior Masculino
Xuven
O Meco
Sábado 25 ás 20:00
Pav. Pombal
Cadete Masculino
O Meco Bar Manos
Dorna
Sábado 25 ás 12:00
Pav. Monte da Vila
Cadete Feminino
O Meco Euromantenimientos
Río Ulla
Domingo 26 ás 19:00
Pav. Monte da Vila
Infantil Masculino
O Meco Indicadores.com.es
Pub Boliche
Sábado 25 ás 18:00
Pav. Conmeniño
Infantil Feminino
Río Ulla
O Meco Astegal
Sábado 25 ás 16:00
Pav. Colexio Infesta
Alevín Masculino
O Meco Irmáns Forte
(descansa)
Alevín Masculino
O Meco Copyman
Marín Peixegalego
Sábado 25 ás 10:00
Pav. Conmeniño
Alevín Feminino
Arxil C
O Meco Herbo-
Sábado 25 ás 18:00
Pav. Maxisterio
Arxil A
O Meco Academia Oxford
Domingo 25 ás 17:00
Pav. Maxisterio
Benxamín Masculino
O Meco Raúl Salgado Abogados
O Meco Qkorte Peluquería
Sábado 25 ás 16:00
Pav. Conmeniño
Benxamín Feminino
O Meco Agrícola O Con
O Meco Don Can
Sábado 25 ás 16:00
Pav. Conmeniño
ÚLTIMA HORA:
22.02.2012: Recordamos que hoxe mércores volven á normalidade os adestramentos salvo para a categoría benxamín, os máis pequenos do club volverán a ter adestramentos o próximo venres.
21.02.2012: Esta fin de semana volve a competición. O equipo sénior ten un encontro moi esixente en Cambados ante o Xuven. O equipo de Manu Bello e Raúl Salgado intentará gañar, e recuperar o basketaverage na súa loita por entrar nos postos de cabeza.
Os partidos aprazados deixáronnos unha vitoria e unha derrota. Os cadetes caeron en Marín por 56 a 52 nun partido moi disputado. Pola súa banda, as infantiles de O Meco Astegal encadearon a súa segunda vitoria consecutiva, esta vez lograron impoñerse ao Cortegada por 38 a 31.
16.02.2012: O "Xogador da Xornada" tivo un claro candidato esta fin de semana. Cayetano García dominou o partido dos sénior con 25 puntos e 15 rebotes.

Cayetano García (1 vez elixido xogador da xornada)
14.02.2012: Por mor da celebración do festival de comparsas o pavillón Monte da Vila permanecerá pechado para a actividade deportiva dende o xoves 16 ata o martes 21 (ambos días incluídos).
Sen embargo, a actividade do club non vai parar xa que seguirán os adestramentos en Conmeniño, e esta fin de semana xogaranse dous partidos que foran aprazados no seu día.
Cadete Masculino: Marín Peixegalego -
Infantil Feminino: CB O Meco -
12.02.2012:
Os rapaces e rapazas do 2004 xogaron contra equipos do Xuven e o BBC. Os nosos pequenos xogadores competiron contra dous rivais superiores dando mostras das súas ganas e esforzo.
O Meco Indicadores imponse sen brillo ao Dorna.
Os infantís pecharon a fin de semana enfrontándose ao equipo da Illa. Os nosos xogadores dominaron o marcador durante todo o encontro (86 a 59 final), sen embargo o xogo non foi do mellor que nos ten ofrecido o equipo. Aos rapaces faltoulles moita intensidade en defensa e movemento de balón en ataque. A única nota positiva foi a volta de Sergio despois de 2 meses lesionado.
O cadete feminino tivo que traballar duro ante o Liceo.
As nosas xogadoras chegaron ao descanso 5 puntos abaixo. Custoulles superar a defensa rival, pero no terceiro conseguiron recuperan un par de balóns e anotar canastras fáciles para darlle a volta ao marcador. O maior ritmo das nosas na parte final do encontro permitiulles ampliar a distancia ata os 12 puntos finais, 37 a 49.

(Foto José Dopazo)
O equipo benxamín de O Meco Don Can consegue a súa primeira vitoria do 2012.
O equipo dirixido por Andrea Cacabelos logrou impoñerse ao Marín Peixegalego por un claro 40 a 10. As rapazas seguen mellorando día a día, e na segunda volta da liga seguro que logran máis vitorias.
11.02.2012: Volve o espectáculo cos partidos Pre-
O equipo sénior volve a superar ao Allariz por 74 a 58.
O conxunto que dirixen Manu Bello e Raúl Salgado vén de gañar a un CB Allariz que encadeaba 7 vitorias consecutivas. Os visitantes levaban dende finais de novembro sen perder. Non foi un encontro doado para os nosos xogadores, ás baixas xa coñecidas de Jon e Mouriño sumáronse esta semana Palermo e Popó.
Durante os dous primeiros cuartos a igualdade púxose de manifesto. O primeiro cuarto pechábase con táboas no marcador a 16, e ao descanso o marcador reflexaba un 28 a 28.
No terceiro cuarto o equipo logrou manter o nivel en ataque e aumentar a intensidade en defensa. O Allariz levaba tan só un punto nos 5 primeiros minutos de xogo, pero volvía a meterse no partido cara o final deste período, o marcador de 46 a 41 deixaba todo para resolverse nos últimos dez minutos.
E neses últimos minutos O Meco mantivo a concetración e non cometeu erros. Guiados por un inconmensurable Cayetano (25 puntos e 13 rebotes) e co acerto de Bruno (22 puntos), a vantaxe a falta de 4 minutos situábase en 16 puntos. Ata o final, o Allariz intentou recortar as diferenzas buscando anotar e parar o xogo, sen embargo non o lograron e o equipo suma así a novena vitoria da tempada.
O equipo afiánzase no quinto posto da clasificación, con opcións de entrar dentro dos catro primeiros. As lesións continúan afectándonos, pero unha vez máis tanto xogadores como corpo técnico seguen a demostrar que teñen carácter para gañarlle a calquera.
(Palermo, Popó, Manu e Jon antes do partido de hoxe)
O partido alevín masculino, que ía enfrontar hoxe ao CB O Meco Copyman co CB O Grove, foi suspendido por falta de árbitros.
09.02.2012: Sara Barreiro "Xogadora da Xornada".
O equipo infantil feminino conseguiu sorprender ao Arxil na súa casa. Nesa vitoria Sara colaborou con 18 puntos.

Sara Barreiro (1 vez elixida xogadora da xornada)
05.02.2012: Os infantís gañan en Lalín nun partido marcado polo frío.
Os xogadores de O Meco Indicadores impuxéronse ao Basket Deza por un claro 22 a 88. Ao equipo custoulle meterse no partido por mor das baixas temperaturas, entre 2 e 5 grados. Sen embargo, pouco a pouco foise impoñendo aos locais ata conseguir a ampla diferenza final.

Despois do partido xogadores e familiares gozaron dun xantar con cocido típico da zona.

O equipo de Agrícolo O Con cerca de conseguir a vitoria en Vilagarcía.
As nosas xogadoras caeron por tan só 3 puntos ante o CB Vilagarcía, e a punto estiveron de traerse a vitoria. Un gran primeiro sexto deunos vantaxe no marcador, a partir dese momento as locais foron remontando no marcador ata conseguir poñerse por diante. No último sexto as rapazas remontaron unha desvantaxe de 11 puntos ata poñerse a 3, pero o tempo non permitiu que se culminase a remontada.
As nosas xóvenes xogadoras seguen xogando moi bos partidos contra os primeiros clasificados da liga.
04.02.2012: O equipo sénior de máis a menos ante o Liceo.
A pesar do inicio esperanzador dos nosos, cun parcial de 13 a 27 no primeiro cuarto, o Liceo foi remontando ata poñerse por diante no terceiro cuarto. A partir dese momento manexou vantaxes de 10 puntos que o noso equipo non foi capaz de remontar.
No primeiro cuarto un parcial de 13 a 27 dábanos unha importante vantaxe, pero sobre todo moi boas sensacións no xogo ante a zona rival.
Sen embargo, o Liceo comezou a reducir distancias grazas a un maior acerto en ataque, marcado polo dominio do rebote ofensivo e o bo facer na zona do pívot local.
No terceiro cuarto os locais completaron a remontada xa que eran capaces de frenar o noso ataque. Unha vez por debaixo no marcador, a ansiedade por anotar fixo que o equipo cometera varias perdas de balón e o Liceo conseguira unha vantaxe de 6 puntos coa que afrontar os últimos dez minutos.
No último periodo o Liceo mostrou un gran acerto no tiro de tres puntos. Despois dun intento de reacción, os nosos xogadores intentaron remontar forzando ao Liceo a ir á liña de tiros libres, pero isto tampouco serviu para achegarse no marcador.
As infantís dan a sorpresa na casa do Arxil.
A falta de menos de 3 minutos o equipo perdía por oito puntos. Pero unha defensa presionante das xogadoras de Yago Rego deulles opción a recuperar varios balóns e anotar canastras rápidas. No final do partido dos tiros libres convertidos por Tamara situaron o 49 a 50 final no marcador.
01.02.2012: Un gran partido de Martín Torres, tanto en defensa como en ataque, o que xogou este domingo contra o Liceo, para el o "Xogador da Xornada"

Martín Torres (1 vez elixido xogador da xornada)
Bragas de pescozo oficiais do C.B. O Meco.
Para protexerte do frío siberiano lembra que o club puxo á venda bragas de pescozo co escudo bordado. O prezo deste produto é de 5 euros, e están dispoñibles na oficina do club.
Lembra que podes consultar as novas de meses anteriores na sección "Actualidade/Arquivo/Índice "
Podes seguir toda a actualidade do C.B. O Meco a través de Twitter, Facebook, Tuenti e Youtube. Con estas canles podes estar informado en tempo real e ampliar os contidos que ofrecemos na web.
Ao mesmo tempo, podes aportar suxerencias, facer preguntas... ou interactuar co club.
Agardamos atoparte na rede!!!


"Para un adestrador, o resultado final non se le en puntos a favor ou puntos en contra. Ao contrario, lese en cantos homes e mulleres saíron de tantos xóvenes xogadores. E este é un resultado que ningún xornal, estadística ou libro de marcas publicará nunca. E este é o resultado que un se le a un mesmo, cando o último partido remata."
Denny Crum