Novembro 2011 - C.B. O MECO

Vaya al Contenido

Menu Principal

Novembro 2011

Actualidade > Arquivo

30.11.2011: Esta fin de semana , 3 e 4 de Decembro, non haberá partidos oficiais de ningunha categoría. Podedes aproveitar para cargar as pilas.

Despois de intensas reunións e de pensalo moito, todos os xogadores do club decidiron quedarse esta tempada a pesar do fin do lock-out da NBA, polo que o espectáculo do C.B. O Meco volverá con forzas a partir da seguinte fin de semana.


27.11.2011:
A tarde do domingo estivo marcada polos partidos alevíns e benxamíns.

As alevíns de O Meco Herbodietética Venecia impuxéronse ao Marín Peixegalego por 75 a 37 xogando un gran partido.

O equipo alevín de O Meco Irmáns Forte, dirixido por Jon, continúa a mellorar día a día. Hoxe tiñan a un rival moi duro no Liceo, pero pouco a pouco van progresando no xogo.

O equipo alevín de O Meco Copyman caeu na prórroga por 55 a 57 ante O Grove. Tivemos dous tiros libres ao final do partido para poder empatar, pero esta vez non puido ser.

As benxamíns de O Meco Don Can, dirixidas por Andrea Cacabelos, perderon por 55 a 18 ante o BBP. A diferenza física dun equipo masculino foi un factor determinante, pero as rapazas sempre deron a cara durante o partido.

As benxamíns de O Meco Agrícola O Con impuxéronse ao Marín Peixegalego por 45 a 22. Nun partido no que todas as rapazas dispuxeron de minutos e aportaron cousas interesantes na pista.


26.11.2011:
O equipo sénior cae ante o líder por 57 a 62.



Partido moi complicado o dos sénior ante o actual líder da 2ª División Sénior Masculina. O equipo seguía coa baixa de Borja, que xa non xogou a semana anterior, pero recuperaba a Chavo e Caye despois de 3 semanas ausentes.

Dende o primeiro minuto os locais saíron buscando a forma de facerlle dano ao Ourense Capital Termal. Ambos conxuntos estiveron moi concentrados en defensa e intentaron controlar o ritmo do partido. O noso equipo dominou o marcador no primeiro cuarto,    pero cunhas diferenzas mínimas. Nos últimos segundos, un bo parcial dos visitantes, dáballe a volta e deixaba o resultado en 13 a 14. A partir dese momento, os visitantes estiveron por riba pero nunca abriron unha brecha superior aos 10 puntos.

A trinta segundos do final, e 3 puntos abaixo no marcador, os colexiados non sinalaron unha clara falta persoal a favor nun rebote defensivo. O que nos tería dado a opción de tirar 2 tiros libres, e quizais poder loitar pola vitoria ata o último    segundo.

As cadetes perden por 62 a 73 ante un Marín Peixegalego moito máis acertado.

O equipo tan só puido aguantar o ritmo ofensivo do Peixegalego no primeiro cuarto, ao remate dos primeiros 10 minutos o marcador sinalaba un 16 a 19, pero sobre todo, deixaba entrever o gran acerto anotador que ía ter o equipo visitante. Un   parcial  de 0 a 10 nos 3 primeiros minutos do segundo cuarto rompía o partido. A partir dese momento o Peixegalego gozaba de cómodas vantaxes de 15 puntos. As nosas rapazas fixeron varios intentos para achegarse no marcador, pero o ataque do rival   sempre  atopaba respostas.

Os cadetes lévanse a vitoria, cunha canastra gañadora no último segundo, ante o BBC.

Nun partido moi físico e duro, os nosos xogadores conseguiron sacar unha vitoria moi importante a domicilio. Nos últimos segundo do partido, unha canastra de Xoel poñía o 51 a 52, e deixáballe ao BBC os últimos segundos para intentar    anotar. Pero despois dunha gran acción ofensiva, o noso equipo encadeou outra gran acción defensiva, recuperando o balón e esgotando o tempo.

Os infantiles sofren para impoñerse ao Xuven por 50 a 48.

Primeiro partido importante para o equipo, que consegue a vitoria, a pesar de ter uns baixóns no xogo que case aproveita o Xuven. Os dous equipos intentaron impoñer o seu ritmo de xogo, e os nosos xogadores conseguírono durante 36 minutos.   Pero  nos 2 últimos minutos da primeira parte, cando o equipo tiña unha vantaxe de 10 puntos, deixou que os visitantes se achegasen. No segundo tempo volveu a suceder o mesmo, vantaxes dos nosos que rozaban os 10 puntos, o Xuven loitou ata o último    segundo pero quedouse sen tempo para culminar a remontada.


27.11.2011:
A tarde do domingo estivo marcada polos partidos alevíns e benxamíns.

As alevíns de O Meco Herbodietética Venecia impuxéronse ao Marín Peixegalego por 75 a 37 xogando un gran partido.

O equipo alevín de O Meco Irmáns Forte, dirixido por Jon, continúa a mellorar día a día. Hoxe tiñan a un rival moi duro no Liceo, pero pouco a pouco van progresando no xogo.

O equipo alevín de O Meco Copyman caeu na prórroga por 55 a 57 ante O Grove. Tivemos dous tiros libres ao final do partido para poder empatar, pero esta vez non puido ser.

As benxamíns de O Meco Don Can, dirixidas por Andrea Cacabelos, perderon por 55 a 18 ante o BBP. A diferenza física dun equipo masculino foi un factor determinante, pero as rapazas sempre deron a cara durante o partido.

As benxamíns de O Meco Agrícola O Con impuxéronse ao Marín Peixegalego por 45 a 22. Nun partido no que todas as rapazas dispuxeron de minutos e aportaron cousas interesantes na pista.


26.11.2011:
O equipo sénior cae ante o líder por 57 a 62.

Partido moi complicado o dos sénior ante o actual líder da 2ª División Sénior Masculina. O equipo seguía coa baixa de Borja, que xa non xogou a semana anterior, pero recuperaba a Chavo e Caye despois de 3 semanas ausentes.

Dende o primeiro minuto os locais saíron buscando a forma de facerlle dano ao Ourense Capital Termal. Ambos conxuntos estiveron moi concentrados en defensa e intentaron controlar o ritmo do partido. O noso equipo dominou o marcador no primeiro cuarto,  pero cunhas diferenzas mínimas. Nos últimos segundos, un bo parcial dos visitantes, dáballe a volta e deixaba o resultado en 13 a 14. A partir dese momento, os visitantes estiveron por riba pero nunca abriron unha brecha superior aos 10 puntos.

A trinta segundos do final, e 3 puntos abaixo no marcador, os colexiados non sinalaron unha clara falta persoal a favor nun rebote defensivo. O que nos tería dado a opción de tirar 2 tiros libres, e quizais poder loitar pola vitoria ata o último  segundo.

As cadetes perden por 62 a 73 ante un Marín Peixegalego moito máis acertado.

O equipo tan só puido aguantar o ritmo ofensivo do Peixegalego no primeiro cuarto, ao remate dos primeiros 10 minutos o marcador sinalaba un 16 a 19, pero sobre todo, deixaba entrever o gran acerto anotador que ía ter o equipo visitante. Un parcial  de 0 a 10 nos 3 primeiros minutos do segundo cuarto rompía o partido. A partir dese momento o Peixegalego gozaba de cómodas vantaxes de 15 puntos. As nosas rapazas fixeron varios intentos para achegarse no marcador, pero o ataque do rival sempre  atopaba respostas.

Os cadetes lévanse a vitoria, cunha canastra gañadora no último segundo, ante o BBC.

Nun partido moi físico e duro, os nosos xogadores conseguiron sacar unha vitoria moi importante a domicilio. Nos últimos segundo do partido, unha canastra de Xoel poñía o 51 a 52, e deixáballe ao BBC os últimos segundos para intentar  anotar. Pero despois dunha gran acción ofensiva, o noso equipo encadeou outra gran acción defensiva, recuperando o balón e esgotando o tempo.

Os infantiles sofren para impoñerse ao Xuven por 50 a 48.

Primeiro partido importante para o equipo, que consegue a vitoria, a pesar de ter uns baixóns no xogo que case aproveita o Xuven. Os dous equipos intentaron impoñer o seu ritmo de xogo, e os nosos xogadores conseguírono durante 36 minutos. Pero  nos 2 últimos minutos da primeira parte, cando o equipo tiña unha vantaxe de 10 puntos, deixou que os visitantes se achegasen. No segundo tempo volveu a suceder o mesmo, vantaxes dos nosos que rozaban os 10 puntos, o Xuven loitou ata o último  segundo pero quedouse sen tempo para culminar a remontada.


24.11.2011:
O equipo sénior está a sufrir unha serie de contratempos, que fan que tanto xogadores como corpo técnico, teñan que render sempre ao 110% para lograr ser competitivos. A regularidade dende fai unhas xornadas de Bruno Padín, fai que esta vez sexa el o nominado como "Xogador da Xornada".



Está dispoñible a segunda entrevista a Manu Bello en Radio Arousa.


22.11.2011:
MCO xa está na rúa.



Esta fin de semana saíu a primeira revista da tempada. Como nos anos anteriores, está dispoñible durante os partidos, nos establecementos colaboradores, e a través da web en "Multimedia/A Revista".

Dende aquí, hai que agradecerlle á persoa de José Antonio Otero "Josh", o esforzo realizado para que este número vise a luz.

A revista continuará sendo un atractivo diferenciador do C.B. O Meco, grazas ao recoñecemento que a publicación recibe pola súa calidade.

Temos tamén un novo álbum de fotos cos primeiros partidos dos equipos benxamíns e os alevíns femininos.


20.11.2011:
As ligas minibasket xa están a pleno rendemento.

Tras comezar a competición dos alevíns masculinos, este sábado estreábanse as rapazas dos equipos alevíns e os equipos benxamíns. O pavillón Monte da Vila volveuse a encher de rapaces do Meco cos tres partidos simultáneos.



En categoría alevín feminino o equipo de O Meco Herbo Dietética Venecia superaba a O Meco Academia Oxford por 41 a 91. Con todo un enfrontamento xeracional no banquillo, xa que nun bando tiñamos a Anxo Cornes e noutro a Dani Cornes. A superioridade física do Herbo Dietética Venecia fíxose notar, pero as rapazas do Academia Oxford xogaron un gran encontro.



No grupo 1 dos benxamíns o equipo de O Meco Peluquería Qkorte xogaba fronte a O Meco Raúl Salgado Abogados. Os segundo leváronse a vitoria por 20 a 59.



Mentras que no grupo 2, as nosas rapazas xogaron un bonito encontro, con dous conxuntos moi intensos e motivados. Así o equipo de O Meco Don Can loitou ata o final, pero o partido caeu do lado de O Meco Agrícola O Con por 26 a 38.

Os cadetes caen ante a superioridade física do Extrugasa Río Ulla.

O equipo de O Meco Bar Manos afrontaba o encontro coa intención de quedarse coa vitoria, pero un Río Ulla moi serio non llo permitiu. Dende o primeiro minuto os visitantes puxeron sobre a mesa as súas armas: intensidade e superioridade física. Os nosos xogadores trabucábanse constantemente na saída da presión, e iso facilitaba que o Río Ulla anotara en contraataques. En ataque, os nosos xogadores non atopan o camiño cara o aro, e sobre todo, perdían balóns continuamente. O segundo parcial foi un calco do primeiro, e así dun 10 a 24 pasabamos a un 20 a 39 co que chegabamos ao descanso.



Despois da charla do descanso, os xogadores de Manu Bello saíron decididos a mellorar o seu xogo. Froito disto foi que nos levabamos o terceiro parcial por 13 a 12. Pouco a pouco as distancias ían decrecendo, e en varios momentos estiveron por debaixo dos 10 puntos. Pero o Río Ulla volveu a pegar un estirón final, acabadan no último cuarto a maior renda do partido (+23), e levábanse o último cuarto por 12 a 21, e con isto o partido.

O equipo de O Meco Indicadores suma a cuarta vitoria consecutiva contra o EDC Sanxenxo.

O equipo local contaba con tan só 5 xogadores, e dende o primeiro segundo o noso conxunto foi un vendaval que non puideron parar. Durante a primeira parte o partido foi unha sucesión de canastras fáciles para os nosos, con parciais moi claros a favor de 09-24 e 06-24. Con todos os xogadores dispoñendo de minutos, e o partido decidido, o ritmo baixou na segunda parte. Os locais intentaron chegar ao final do partido coa menor diferenza posible, pero o cansazo físico xa era patente. Ao final, o marcador mostraba un 31 a 90, toca agora preparar esta semana un partido moi distinto e interesante contra o Xuven.


19.11.2011: O equipo sénior volve á senda da vitoria tras impoñerse en Marín ao Peixegalego por 53 a 63.

Os xogadores de Manu Bello e Raúl Salgado rompen así unha racha negativa de dúas derrotas. O equipo saíu moi concentrado e intenso, proba disto era o primeiro parcial de 14 a 23 ao final do primeiro cuarto. O equipo local colocouse en zona durante a maior parte do partido, pero nos primeiros minutos do partido, os nosos xogadores encontraban bos tiros e mostraban un bo acerto.


(Penetración de Mario, que xogou un gran encontro, por línea de fondo)


No segundo cuarto, coa entrada das rotacións nos dous equipos, o nivel ofensivo baixou. Ambos conxuntos se centraron máis en labores defensiva. Chegábase ao descanso cun 24 a 39 no marcador. O Meco estaba bastante cómodo na pista rozando as diferenzas de entre 15 e 20 puntos.

Despois do descanso, parecía que os nosos xogadores ían a manter o nivel de xogo, grazas a un novo parcial de 4 a 7 nos 3 primeiros minutos. Pero chegaron os minutos de relaxación, que curiosamente coincidiu cos minutos nos que os locais se poñían en defensa individual. Parecía que unha vez máis podiamos deixar entrar ao outro equipo no partido. O Peixegalego poríase a 10 puntos.


(Xoán Mouriño ante a defensa dun xogador local)


Pero 5 puntos consecutivos nos dous primeiros minutos do último dábannos aire. A partir deste momento o equipo dedicouse a xestionar a vantaxe acadada e a cortar o último intento dos locais por achegarse no marcado.

O equipo sitúase así cun balance positivo de 4-3 e agarda a visita do Ourense Capital Termal na vindeira semana. Unha vitoria na casa colocaríanos na parte alta da táboa.

As cadetes tráense a vitoria na súa visita ao Liceo por 32 a 51.

A diferenza final foi froito do traballo durante todo o partido, xa que o equipo levouse os catro cuartos pero con rentas escasas. As rapazas fallaron moitas canastras fáciles debaixo do aro e acusaron a falta de agresividade en ataque. Na segunda parte a zona do Liceo complicou o xogo das nosas por momentos. Dani Prol e Nacho Rey aproveitaron para repartir minutos entre todas as xogadoras.

O equipo infantil feminino cae en Cambados ante o Xuven.

O conxunto que dirixe Yago Rego non saíu concentrado na primeira parte, e por mor desta falta de intensidade o Xuven distanciouse no marcador, a diferenza final de 52 a 31 foise cimentando nos dous primeiros cuartos. Na segunda parte as rapazas cambiaron a súa actitude e concentración, o que lles permitiu mellorar no seu xogo.


16.11.2011:
Repite nominación para "Xogador da Xornada" unha rapaza do equipo cadete feminino. E non é para menos despois do partidazo que xogaron todas contra o Arxil, e en particular Silvia Arnoso.


Silvia Arnoso (1 vez elixida xogadora da xornada)



15.11.2011:
Son 10 os partidos que xogaremos nesta fin de semana. Arrincan as ligas alevín feminino (con 2 equipos) e benxamíns (con 4 equipos).




13.11.2011:
As cadetes impóñense ao Arxil xogando un gran encontro.

As rapazas de Dani Prol e Nacho Rey acadaron a terceira vitoria da tempada tras impoñerse ao Arxil B por 50 a 46. Dende o primeiro minuto as nosas rapazas saíron moi intensas e sorprenderon ao Arxil. Os numerosos balóns recuperados dábannos puntos de contraataque aos que as visitantes non sabían respostar.



Despois de conseguir unha vantaxe de 12 puntos, chegaron os momentos de relaxación nos que o Arxil aproveitou para achegarse no marcador, que ao descanso mostraba un 28 a 27 favorable.

Pero no comezo do terceiro cuarto o equipo volveu a coller o ritmo inicial e a irse no marcador con diferenzas que roldaban os 10 puntos. O gran traballo en defensa, facía que os minutos foran pasando e o Arxil contara con menos tempo para intentar a remontada. Ao final, a presión por non perder fixo que as nosas rapazas perderan un par de balóns que lle deron a posibilidade ao Arxil de maquillar o resultado.



O equipo infantil feminino cae por 44 a 48 ante o Arxil B.


O partido tivo dúas partes moi diferenciadas. Na primeira o Arxil B foi superior ás nosas rapazas, o marcador ao descanso de 18 a 32 facía pensar que as visitantes non terían problemas para levarse o partido. Pero no segundo tempo a dinámica cambiou, as nosas xogadoras empezaron a atopar o camiño cara o aro e a levar o peso do partido, o parcial na segunda parte de 26 a 16 fixo que se chegara ao último cuarto con opcións, pero neses instantes ás nosas xogadoras faltoulles crer un pouco máis en conseguir a vitoria. Ao final, un 44 a 48.

Debut e vitoria do equipo alevín de O Meco Copyman en Baltar.
Concello de Sanxenxo 16 - O Meco Copyman 58

Partido con sabor a primeiro da tempada, momentos bos e outros non tan bos, pero hai que destacar o traballo defensivo do equipo, e que todos os xogadores conseguiron anotar.


12.11.2011:
O equipo sénior masculino cae contra o líder, competindo a pesar das dificultades.

Complicadísimo partido o que tiña hoxe o equipo sénior en Vigo ante o Seis do Nadal. O conxunto de Coia chegaba como líder tras gañar os 5 primeiros partidos, e despois dos corenta minutos sumaría a sexta vitoria consecutiva.



Pero durante eses corenta minutos pasaron moitas cousas na pista de Navia.  O equipo de Manu Bello e Raúl Salgado chegaba coa baixa de Palermo, e coa alta de Lucas. Despois dos primeiros catro minutos de tanteo mutuo, o equipo local lograba unha mínima vantaxe grazas a dúas triplas. Os nosos centrábanse en conter o potencial interior do Seis do Nadal, o que deixaba tiros librados ao nº 11 vigués. O primeiro cuarto pechouse cun marcador de 17 a 12, e cos nosos facendo un esforzo por aguantar o arranque do Seis.



Co inicio do segundo cuarto, os axustes defensivos e o acerto de cara ao aro, dábannos un parcial a favor de 0 a 7 que nos colocaba por primeira vez por riba no marcador. O mellor xogo do Meco empezaba a aparecer, e tras os primeiros vinte minutos marchabamos ao vestiario cun 24 a 27 favorable.

Quedáballe aos locais intentar reaccionar para non verse sorprendidos na súa casa, e pouco a pouco foron recortando a vantaxe. En defensa, empezando a mostrar unha zona, que atascaba o noso ataque. E en ataque, aproveitando a nosa debilidade defensiva no 1x1 central. O Seis do Nadal rozaba a os dez puntos de diferenza, e o peor de todo era que as decisións arbitrais complicaban o xogo dos nosos.

Empezabamos o último cuarto cunha tripla de Prol para colocarnos 45 a 39, e empezar a loitar por chegar ao final con opcións. A falta de 8 minutos, e con 6 puntos abaixo, a nosa principal preocupación era o rebote defensivo. Os pívots locais conseguían unha e outra vez segundas opcións de tiro, o que nos desgataba terriblemente.



Unha tripla de Bruno a 2 minutos para o final poñíanos a 3 puntos, 49 a 46. E nese momento toda a contención ofensiva do partido estourou, tripla do nº 11 vigués e 52 a 46. Tripla de Mou e 52 e 49. Unha canastra de 2 puntos para cada equipo, 54 a 51. Con 9 segundos para o final recuperamos a posesión, e temos un tiro para empatar. Pero esta vez non quixo entrar. A falta posterior dáballe a opción aos locais de ter tiros libres, e deixaban o marcador en 56 a 51.

Unha vez máis o equipo demostrou que pode estar aí arriba, a pesar de todos os problemas polos que está a pasar. Na vindeira xornada desprázase a Marín para enfrontarse ao Marín Peixegalego, e intentar volver a sumar unha vitoria que se nos escapa nas últimas dúas xornadas.

O equipo infantil de O Meco Indicadores.com.es suma na Estrada a terceira vitoria.
Pub Boliche 46 - O Meco 66

O equipo non xogou un bo baloncesto, en ningún momento se sentiu cómodo na pista a pesar de levarse os catro cuartos.

O equipo alevín masculino de O Meco Irmáns Forte debutou contra o Xuven.
O Meco 6 - Xuven 56

Debut para os xóvenes xogadores de Jon, que tiñan en frente a un dos favoritos da competición. Notouse a diferencia de idade e experiencia, pero os nosos xogadores todavía teñen moito marxe de mellora.


11.11.2011:
Este sábado no Pavillón de Navia - Vigo, partido dos nosos sénior contra o líder da competición, o Seis do Nadal.

O ano pasado, este enfrontamento deixounos uns dos mellores partidos da categoría, e da andaina de O Meco pola división autonómica. A pesar de perder por 109 a 100, o equipo de Manu Bello e Raúl Salgado remontou unha desvantaxe de 20 puntos  ao descanso, e co triple de Jon a falta de 10 segundos para o final, forzaba a primeira das dúas prórrogas que se terían que xogar.

Temos como novidade a incorporación de Lucas, que volve tras estar fóra por motivos laborais. Pero sobre todo, temos a baixa de Jon, ao que este martes lle realizarán unha artroscopia no seu xeonllo, agardando que a lesión se quede só en  rotura de menisco.

Ánimo compañeiro!!

E lembra que se non podes acudir a animar ao noso equipos, podes seguir os comentarios en twitter a través da nosa conta @CBOMECO.

10.11.2011:
Este venres non hai adestramento para as categorías benxamíns (2002-03-04-05). O Resto de equipos adestrarán nos seus horarios habituais.

09.11.2011:
A nominación para "Xogador da Xornada" cae esta vez no bando feminino do club. Iria Blanco contribuíu á vitoria de O Meco Euromantenimientos cos seus 22 puntos, repartidos tanto xogando de costas como de cara ao aro.


Iria Blanco (1 vez elixida xogadora da xornada)


06.11.2011:
O equipo cadete feminino suma a segunda vitoria da tempada, tras impoñerse na tarde de hoxe ao Xuven.

As rapazas, que dirixen Dani Prol e Nacho Rey, tardaron os dous primeiros cuartos en ser capaces de atacar a defensa en zona do Xuven. Chegouse ao descanso cun marcador moi curto de 18 a 9. Pero a partir do terceiro cuarto lograron aumentar o ritmo do partido, o que sumado ao acerto no tiro exterior, fixo posible aumentar a diferencia ata o 51 a 22 final.



As rapazas pechan así a primeira volta da súa liga cun balance de 2-4, e comezan a segunda volta co obxectivo de seguir mellorando e sumando vitorias.


Unha tripla de Barreiro no último segundo do partido dálle a vitoria ao Xuven.


Dani Prol poñía o marcador nun 64 a 64 a falta de 5 segundos, tras anotar 2 tiros libres dos 3 dos que dispoñía. Unha transición rápida do base visitante, que atopaba ao compañeiro aberto na esquina, rematou levando o balón polo aro e traendo a primeira derrota como locais da tempada.



Agás o primeiro parcial de 16 a 6 favorable, os nosos xogadores nunca se viron cómodos na pista, moi limitados pola escaseza de rotacións ao só dispoñer de 7 efectivos, e polos axustes que facía o Xuven cunha defensa zonal. Como consecuencia diso, os visitantes foron acurtando distancias cuarto tras cuarto, levándose os parciais por 21 a 23, 13 a 18 e o último por 14 a 20.

A achega do pívot Villamil en ataque, complicou moito a defensa dos nosos. A especial atención que lle deron polo perigo dos seus 2,05 m, abriu moitos espazos para os tiradores cambadeses, que estiveron acertados.



Sobre todo, nos últimos cinco minutos notouse a falla de frescura, ao recuperar o Xuven un par de balóns e atrapar rebotes ofensivos que lle facilitaron a remontada final.

Nun final de infarto, esta vez saíu cruz para os homes de Manu Bello e Raúl Salgado, pero a grada soubo agradecer o esforzo dos xogadores cun gran aplauso final.

Toca agora preparar un dos partidos máis complicados do ano, o desprazamento a Vigo para enfrontarse ao Seis do Nadal. O equipo de Coia marcha como líder en solitario cun balance de 5 - 0. O enfrontamento da tempada pasada deixounos posiblemente o mellor partido da categoría, cunha vitoria dos vigueses por 109 a 100, tras xogarse dúas prórrogas e sendo un auténtico espectáculo ofensivo.


05.11.2011:
Nun partido que se complicou nos primeiros vinte minutos, e coas baixas de Saulo e M. Ángel, o equipo cadete vén de impoñerse esta mañá na pista do Dorna por 40 a 63.



Ao descanso, o marcador mostraba un empate a 26 froito do esforzo dos locais por controlar o partido e de realentizar o ritmo dos nosos. Durante practicamente os corenta minutos, o Dorna tirou dunha defensa en zona 2-3 que por momentos conseguiu atascar o noso xogo. Pero tras pasar pos vestiarios, os xogadores de Manu Bello conseguiron aumentar o ritmo do partido, empezar a anotar canastras en transicións e atopar as mellores opcións para atacar a defensa rival. Unha técnica seguida por unha descalificante a un dos xogadores do Dorna rematou por romper o partido, deixando os últimos minutos cómodos ao noso favor.



O equipo de O Meco Bar Manos suma así a súa terceira vitoria consecutiva. Na próxima semana non disputarán xornada, preparando dous partidos complicados ante Extrugasa Río Ulla e Sigaltec BBC.


04.11.2011:
Os nosos equipos alevíns e benxamíns (alumnos de primaria) xogan este sábado os seus últimos partidos de preparación antes do comezo das ligas. Os alevíns (anos 2000 e 2001) xogarán ás 16:30 e os benxamíns (2002 e 2003) ás 17:30, todos eles en Conmeniño. Teñen que estar alí media hora antes dos partidos.


03.11.2011:

Previa da xornada



No terceiro derbi comarcal como locais, o equipo sénior de Manu Bello e Raúl Salgado recibe ao Xuven de Cambados. Os nosos xogadores chegan moi altos de moral despois da vitoria en Allariz, pero o Xuven é un rival perigoso debido ao alto ritmo que imprime nos seus partidos. Unha vitoria confirmaríanos na terceira praza da competición.

Despois do parón da xornada anterior, os nosos cadetes queren seguir sumando, e para isto buscarán a terceira vitoria consecutiva na pista sempre complicada do Dorna. O equipo de Manu Bello conta co handicap das lesións.



O equipo cadete feminino de O Meco Euromantenimientos recibe tamén ao Xuven de Cambados. Este partido debería caer do noso lado, sobre todo despois de ver os dous grandes partidos que veñen de disputar as rapazas de Dani Prol e Nacho Rey. O equipo de cambados ocupa a última praza do grupo, e intentará dar a sorpresa a domicilio para conseguir a primeira vitoria.



O equipo que dirixe Yago Rego, O Meco Astegal, desprázase a Carril para enfrontarse ao Cortegada, despois da vitoria da xornada anterior sería moi importante que as nosas rapazas seguiran sumando. O Cortegada nunca é un rival doado, pero tampouco pode resultar un imposible para as nosas xogadoras.


02.11.2011:
Como cada mércores, toca elixir "Xogador da Xornada", e o certo é que tendo só tres partidos en xogo, esta vez houbo varios xogadores que rozaron a nominación, e que de seguro o lograrán en vindeiras semanas.

Esta semana a nominación vai por partida dobre, xa que é misión imposible decantarse por un dos dous nominados. Así que esta semana, os xogadores da xornada son Tamara Meis e Álvaro Domínguez "Palermo". Os dous cun denominador común, cando máis necesitaba o seu equipo dun xogador con carácter, apareceron eles. Palermo completou un final de partido excepcional contra Allariz, colaborando en todas as xogadas que levaron do empate a 65 faltando 2 minutos, ao 65 - 71 final. Pola súa banda, Tamara tirou de intensidade no comezo do partido das infantís para darlle a volta a un parcial en contra de 0 a 6 inicial, e mostrarlle o camiño a seguir ás súas compañeiras.



Tamara Meis (1 vez elixida xogadora da xornada)
Palermo (1 vez elixido xogador da xornada)



01.11.2011:  
Abrimos o mes de novembro facendo un balance do primeiro mes de competición dos nosos equipos:

Os séniors atópanse na parte alta da táboa cun balance de 3-1. O terceiro posto é unha mostra do gran traballo que están a facer, a pesar dos moitos contratempos que están a sufrir. Como locais, o Monte da Vila estase a converter ano tras ano nunha cancha na que é moi complicada levarse a vitoria, no que vai de campaña contamos cun balance de 2-0, tanto o C.B. Grove como o Liceo non se puideron levar os puntos. As vitorias fóra son moi complicadas, e por iso ten moito mérito a desta fin de semana contra o C.B. Allariz. Quizais o único pero deste inicio ligueiro sexa a derrota en Ourense contra o C.B. Cruz Alta, xa que no últimos dez minutos o noso equipo non foi quen de aguantar para intentar pelexar a vitoria.

O equipo cadete masculino atópase na quinta praza, cun balance de dúas vitorias e dúas derrotas. Sendo un equipo de primeiro ano, o resultado cumpre coas expectativas creadas. As dúas derrotas chegaron contra dous dos favoritos, BBP e Liceo, pero competindo a bo nivel. A vitoria contra o Estudiantes motivo moito aos xogadores, xa que ao descanso chegaron perdendo e tiveron que remontar. Isto deulles moita moral contra o Peixe B para sumar a segunda vitoria.



O equipo cadete feminino tamén se atopa na quinta praza. A liga parece que será cousa de dous equipos, Río Ulla e Cortega. As nosas rapazas xogaron dous grandes partidos contra os líderes, pero non foron capaces de sumar vitorias contra o Arxil B e o Peixegalego, co que se descolgaron un pouco da loita polo terceiro posto. Co bo sabor de boca que deixaron os seus últimos partidos, queda seguir crecendo e intentar recuperar algún dos puntos que nos deixamos en Pontevedra e Marín, sempre sen descoidarse ante os outros rivais.

O equipo infantil masculino comparte o primiero posto co Liceo, ambos conxuntos con dúas vitorias. Se ben o equipo non atopou demasiadas complicacións nos dous primeiros encontros, agora atópase cun parón de dúas semanas que será importante para afrontar a fase importante da primeira volta.

O equipo infantil feminino coa súa primeira vitoria subiu ao cuarto posto da clasificación. Cun balance de 1-2, as nosas rapazas deben continuar esforzándose para seguir sumando entre todas.

A escola de baloncesto xa case está lista para comezar as súas ligas, o club conta con 2 equipos alevíns masculinos, 2 equipos alevíns femininos, 2 equipos benxamíns femininos, 1 equipo benxamín masculino e 1 equipo benxamín mixto.


Regreso al contenido | Regreso al menu principal