Sénior - C.B. O MECO

Vaya al Contenido

Menu Principal

Sénior

Actualidade > Crónicas

Xornada 12 - 2ª División Sénior Masculina

C.B. O MECO 74 - C.B. ALLARIZ 58
Data: Sábado 11 de febreiro de 2012
Hora: 18:00
Lugar: Pavillón Monte da Vila

Parciais: 16-16 // 12-12 // 18-13 // 28-17

C.B. O MECO 74: Dani Prol (17), Mario (-), Bruno (22), Chavo (1), Caye (25) - quinteto inicial -  Nacho (-), Borja (4) e Lucas (5).

C.B. ALLARIZ 58:  Estévez, B (11), Díaz, A (9), Piñeiro, A (6), Acebo, D (-) Quintana, R.J (15) - quinteto inicial - Martínez, I (-), López, M.A (3), Mosquera, A (-), Feijoo, I (8), Cid, G (6), Fernández, R (-) e Feijoo, A (-).

Árbitros: Carbajo, E e Gil, J. Sinalaron 22 faltas persoais ao Meco e 29 ao Allariz. Excluídos Borja polo Meco e Díaz, A, Acebo, D e Mosquera, A polo Allariz.


Xornada 11 - 2ª División Sénior Masculina


VINOTECA LEMBRANZA LICEO 72 - C.B. O MECO 63
Data: Sábado 4 de febreiro de 2012
Hora: 18:00
Lugar: Pavillón Fontecarmoa 2

Parciais: 13-27 // 18-08 // 20-10 // 21-18

LICEO 72: Camacho (14), García (9), Alonso (23), Muñiz (8), Torres (2)
- quinteto inicial - Castro (-), Durán (-), Pérez (11), Rodríguez (5) e Antón (-).

C.B. O MECO 63: Dani Prol (16), Mario (-), Bruno (12), Chavo, Caye (27) - quinteto inicial -  Popó (-), Nacho (-), Borja (4) e Lucas (4).

Árbitros: Blanco, FJ e Abuín, L. Sinalaron 25 faltas persoais ao Liceo e 26 ao Meco. Excluídos Alonxo e Torres polo Liceo e Bruno polo C.B. O Grove.


Xornada 11 - 2ª División Sénior Masculina

C.B. O GROVE 58 - C.B. O MECO 60
Data: Domingo 22 de xaneiro de 2012
Hora: 12:00
Lugar: Pavillón Monte da Vila

Parciais: 19-16 // 11-04 // 20-16 // 08-24

C.B. O GROVE 58: Castro, D (10), Dom
ínguez, J (8), Moldes, M (10), Sanmartin, M (6), Fontoira, O (18) -quinteto inicial - Fontán, P (-), Acosta, A (6) e Iglesias, C (-).

C.B. O MECO 60: Dani Prol (12), Mario (-), Borja (4), Caye (16), Paler (5) - quinteto inicial - Popo (-), Lucas (7), Bruno (16) e Chavo(-).

Árbitros: Baena, C. e Rivadulla, L. Sinalaron 32 faltas persoais ao Grove e 25 ao Meco. Excluídos Moldes M, Fontoira O, Sanmartín M e o adestrador local polo C.B. O Grove.


Xornada 11 - 2ª División Sénior Masculina

C.B. BAIONA 56 - C.B. O MECO 68
Data: Sábado 14 de xaneiro de 2012
Hora: 20:00
Lugar: Pavillón Ureca (Nigrán)

Parciais: 21-15 // 13-19 // 5-18 // 17-16

C.B. BAIONA 56: Castiñeiras, D (10), Goce, A (18), Trabazos, F (2), Leyenda, XM (6), Martínez D (8) - quinteto inicial - De Anta, MA (2), Barreiro A (6), San Toro, A (-), Rodríguez, P (-) e Conde, K (4).

C.B. O MECO 68: Dani Prol (22), Chavo (-), Mario (11), Palermo (4), Cayetano (19) - quinteto inicial - Popó (2) e Borja (10).

Árbitros: Margués, J. e Puyo, S. Sinalaron 22 faltas persoais ao Baiona e 11 ao Meco. Excluído Leyenda, XM polo Baiona.

Xornada 10 - 2ª División Sénior Masculina

C.B. O MECO 90 - NCG INSTITUTO ROSALIA
Data: Sábado 17 de decembro de 2011
Hora: 18:00
Lugar: Pavillón Monte da Vila

Parciais: 27-14 // 17-14 // 22-15 // 24-17

C.B. O MECO 90: Dani Prol (13), Chavo (10), Bruno (15), Palermo (3), Cayetano (35) - quinteto inicial - Popó (3), Nacho (-), Borja (2) e Lucas (9).

NCG INSTITUTO ROSALIA 60: Orejas, M (13), Gómez, M (10), Barros, M (6), Bouzán, A (8), Fernández, J (5) – quinteto inicial - Sanmartín, M (-), Barreiro, N (10), Gundína, A (3), e Anllo, FM (5).

Árbitros: Blanco, FJ e Abuín, L. Sinalaron 19 faltas persoais ao Meco e 18 ao Rosalía. Excluído Popó polo Meco.

Crónica por Sandra Mourelos: O último encontro antes do parón do nadal, enfrontou a O Meco contra o Instituto Rosalía en terras grovenses. O partido comezou cunha clara superioridade do conxunto meco, que demostrou moita solidez no ataque, facendo xogadas longas e cunha grande porcentaxe de acerto no tiro a canastra. Así mesmo, os do Meco estaban moi concentrados na defensa e pelexando o rebote. Desta maneira, rematamos o primeiro cuarto cun marcador 27-14, favorable aos locais. Se ben o segundo cuarto comezou moi ben tamén, a apartir do minuto 3 de xogo comezaron os erros dos do Meco en defensa, que provocaron que se acelerasen no ataque. Os visitantes aproveitaron para acercarse un pouco máis no marcador, facendo un parcial de 17-14, pero que ainda así lle daba unha clara vantaxe aos rapaces de Manu Bello e Raúl Salgado, cun resultado de 44-28
puntos.

Tras o descanso, os locais volveron a liderar o xogo, facendo un parcial de 16-4 nos primeiros 7 minutos. Pero os locais volveron a perder a concentración no final do cuarto pero, malia todo, seguían liderando o marcador cunha distancia moi holgada 66-43 (parcial de 22-15).
Xa no último cuarto, o Meco volveu a quedar baixo mínimos no banquillo: Nacho e Lucas lesionáronse e Popó foi expulsado por acumulación de faltas persoais. O conxunto grovense non acababa de volver á
forma de xogo que mostrara durante a primeira parte do encontro, na que foi claramente superior. Aínda así, a vitoria quedou na casa, cun marcador final de 90-60 (parcial de 24-17 puntos).

Por último hai que destacar a afición meca que, coma sempre, estivo aí para animar ao seu equipo. Agora toca un merecido descanso ao que O Meco se vai con bo sabor de boca, para que se recuperen todos os lesionados cos que conta no seu banquillo.



Xornada 9 - 2ª División Sénior Masculina


MGR VAL DE LEMOS 75 - C.B. O MECO 63
Data: Sábado 10 de decembro de 2011
Hora: 16:00
Lugar: Pavillón Instituto Río Cabe

Parciais: 11-15 // 15-16 // 22-17 // 27-15

MGR V
AL DE LEMOS 75: Urdaneta, J.A. (22), Rodríguez, L. (6), Castillo, N.E. (-), Cortiñas, F.J. (7), González, J. (14) - quinteto inicial - Otero, R. (19), López, R. (-), Vila, P. (-), Vila, D. (-), Pensado, A. (5), Pagazaurtundua, J. (2).

C. B.
O MECO 63: Dani (18), Mario (-), Bruno (17), Lucas (4), Cayetano (10) - quinteto inicial - Popó (9), Nacho (5), Chavo (-).

Árbitros: Martínez, A. e Real, L. Sinalaron 21 faltas persoais ao Val de Lemos e 34 a O Meco. Exlcuíron a Chavo, Lucas e Cayetano polo C.B. O Meco.

Crónica por Sandra Mourelos: A novena xornada de liga enfrentou a o C.B. O Meco co Val de Lemos, en terras monfortinas. Os grovenses desprazáronse ata o territorio rival concentrados no partido e, malia o gran número de baixas (sen Jon, Xoan, Borja e Palermo), motivados para acadar a vitoria. O inicio do partido foi máis ou menos igualado. Os do Meco mostraban pouca consistencia no seu xogo e non pelexaban moito os rebotes, cousa que si facían os de Lemos, conscientes do seu pouco acerto no tiro exterior. Así, o primeiro cuarto do encontro rematou cun parcial 11-15 favorable aos visitantes.
No segundo cuarto o equipo visitante seguiu a gozar dunha pequena vantaxe, cunha boa técnica ofensiva na que insistían nos balóns interiores. Pero no minuto 8 de xogo, dúas triplas consecutivas dos contrarios poñían o marcador a 26-27 puntos. Porén, o conxunto grovense conseguiu volver a poñer unha pequena distancia no marcador cun final de 26-31 puntos (parcial de 15-16), pero os do Meco estábanse a cargar de faltas.
Tralo descanso, o conxunto meco volveu ao partido para dar o mellor de si, pero as continuas faltas persoais sinaladas por un dos colexiados derivaron nunha total desconcentración dos xogadores de Manu Bello e Raúl Salgado, que a pesar de todo xogaron cunha moi boa intensidade defensiva e intentando, unha vez máis, coller os rebotes dun rival que fallaba moito no tiro a canastra. O terceiro cuarto remataba cun marcador de 48-48 puntos, e con Chavo expulsado por acumulación de faltas persoais.
No último cuarto, o partido foise
complicando pola labor arbitral cada vez máis, o que provocou que os grovenses estivesen actuando mal no ataque, malia estar a realizar unha boa defensa. A diferenza de faltas pitadas a ambos equipos desmoralizou ao conxunto visitante, que vía frustradas as súas tentativas de xogo e que só podía ver como cada vez estaban máis cargados de faltas e cunha baixa máis (no minuto 5 Mario lesionouse).  Tras os oitos tiros libres tirados polo conxunto de Lemos, tan só 4 xogadores do Meco puideron rematar o partido (Dani, Bruno, Nacho e Popó), e o marcador rematou cun 75-63 que lle deu a vitoria ao equipo local.



Xornada 8 - 2ª División Sénior Masculina


C.B. O MECO 57 - OURENSE CAPITAL TERMAL 62
Data: Sábado 26 de novembro de 2011
Hora: 18:00
Lugar: Pavillón Monte da Vila

Parciais: 13-14 // 15-14 // 12-20 // 17-14

C.B. O MECO 57: Dani
Prol (23), Popó (4), Bruno (7), Palermo (3), Xoan (10) - quinteto inicial - Mario (3), Nacho (2), Chavo (2) e Caye (3).

OURENSE CAPITAL TERMAL
62: Mendez, A (7), Placer, D (2), Poreta, DJ (3), Fernández, D (-), Santorin, O (8) – quinteto inicial - Feijoo, C (7), Pérez, R (9), Pato, R (6), Ladra, A (3), Vázquez, S (10), Pérez, A (2) e González, M (5).

Árbitros:
Ortega, D e Pozo, S. Sinalaron 34 faltas persoais ao Meco e 28 ao Ourense. Excluídos Dani Prol e Caye polo Meco e Ladra, A polo Ourense.


Crónica por Sandra Mourelos: A oitava xornada de liga enfrontou ao C.B. O Meco contra o Ourense Capital Termal en terras grovenses. Se ben os contrincantes viñan pisando forte (son os actuais líderes da liga), os grovenses contaban coa incorporación de Chavo e Cayetano, e con Broja como “reserva” xa que aínda non está recuperado da súa lesión. Con este aumento do número de xogadores no banquillo, os locais saíron moi activos á pista, xa que poderían contar con máis tempo de descanso. A enerxía de ambos equipos rematou nun marcador de 13-14 puntos no primeiro cuarto, favorable para os visitantes. No segundo cuarto, baixamos un pouco a agresividade na defensa, e case sempre faltaba unha man arriba para entorpecer o tiro dos contrarios que, ademais, demostraron unha intensidade superior no rebote. Así, e tras un parcial de 6-0 no último minuto, os equipos marcharon ao descanso cun empate a 28-28 (cun parcial de 15-14).
No terceiro cuarto os rapaces do Meco seguían sen a intensidade defensiva necesaria, e faltáballes un pouco de concentración en ataque. No minuto 8 de xogo, dúas triplas de Dani e Mario volveron a meter dentro do partido ao equipo. Malia todo, o conxunto ourensán marchou cunha vantaxe de 8 puntos ao último cuarto, cun marcador de 40-48 (cun parcial de 12-20).
Aínda quedaban os últimos 10 minutos de partido por diante, pero o encontro estaba a ser moi complicado: Palermo lesionouse no minuto 4, e os contrarios estaban moi acertados no tiro. A vantaxe neste caso estaba nos tiros libres, así que había que aproveitar e sacar todas as faltas posibles. No minuto 9, e tras unha xogada de Bruno que rematou en 2+1, o marcador quedaba a 52-56. Os locais intentaron xogar a base de forzar faltas, e conseguiron poñerse dous puntos abaixo no marcador, pero o encontro rematou 57 a 62, dándolle a vitoria ao Ourense Capital Termal. Os rapaces do Meco non puideron controlar os nervios derivados da presión do final do partido, como ben dixo un dos seus adestradores, Manu Bello, “nos últimos minutos tiñamos máis corazón que cabeza”.



Xornada 7 - 2ª División Sénior Masculina

C.B. MARIN PEIXEGALEGO 53 - C.B. O MECO 63
Data: Sábado 19 de novembro de 2011
Hora: 16:00
Lugar: Pavillón de A Raña

Parciais: 14-23 // 10-16 // 14-14 // 15-10

MARIN PEIXE GALEGO 53
: Romero, A. (3), García, J. (10), Comesaña, M. (18), Henríquez, J.E. (5), Mariño, A. (4) – quinteto inicial- Cidras, M.A. (2), Valero, C. (-), Férnandez, R. (1), Romero, J. (8) e Gallego, J. (2).

C.B. O MECO 63:
Dani (7), Mario (10), Xoan (14), Bruno (21), Palermo (4) – quinteto inicial- Nacho (7), Lucas (-) e Popó (-).

Árbitros: Díez, P. e Ortega, D. Sinalaron 17 faltas persoais ao Peixegalego e 19 a O Meco.

Crónica por Sandra Mourelos: Tras a vitoria acadada polo Meco nun partido amigable de pretempada contra o Marín Peixe Galego, o conxunto meco desprazouse totalmente concentrado (e con catro baixas) ate Marín para disputar un novo encontro de liga. Así, durante a primeira metade do partido, a intensidade de xogo dos grovenses impúxose ante o conxunto local, marcando totalmente o ritmo do xogo, cunha dinámica marcada polo aproveitamento dos 24 segundos de ataque, un rápido movemento de balón, moitos roubos e un dominio claro nos rebotes. Desta maneira, o primeiro cuarto remataba cun parcial 14-23, favorable ao equipo visitante. O claro dominio dos xogadores do Meco veuse claro até o minuto 6 do segundo cuarto, onde o conxunto grovense acadaba un parcial de 2-15. Pero finalmente o encontro daba descanso cunha redución da vantaxe dos visitantes, cun parcial de 10-16 no segundo cuarto (o que supuxo un resultado de 24-39 ao descanso).
Tras os minutos de descanso os do Meco baixaron o ritmo de xogo e, así mesmo, os de Marín gañáronnos en rebotes (mostrando unha maior agresividade nos ofensivos). Porén, e a pesares de que os locais defendían cun sistema en zona, os do Grove moveron moi ben o balón no ataque, aproveitando as vantaxes, provocando un parcial de 14-14 (38-53). Finalmente, no último cuarto os visitantes careceron da tensión necesaria para volver facer seu o mando do partido, e os de Marín gañaron o último parcial (15-10), aínda que a vitoria sería para os do Meco, cun resultado final de 53-63 puntos.



Xornada 6 - 2ª División Sénior Masculina


C.B. SEIS DO NADAL COIA 56 - C.B. O MECO 51
Data: Sábado 12 de novembro de 2011
Hora: 20:00
Lugar: Pavillón de Navia

Parciais: 17-12 // 7-15 // 21-9 // 13-15

C.B. SEIS DO NADAL COIA 56: González, P. (-), Domínguez, X. (14), Rodríguez, D. (18), Vázquez, P. (-), Pérez, A. (6) – quinteto inicial - Outeiral, A. (4), Ares, I. (2), Fernández, E. (6), Rodríguez, J. (-), González, J. (4), García, O. F. (-) e García,  R. (2).

C.B. O MECO 51: Dani Prol (16), Borja (2), Popó (4), Xoán (12), Bruno (15) – quinteto inicial – Mario (-), Nacho (-) e Lucas (2).
Expulsados: Borja.

Árbitros: Zabaleta e Puyo. Sinalaron 21 faltas persoais aos locais e 19 aos visitantes. Excluíron a Pérez, A. polo Seis do Nadal e a Borja polo Meco

Crónica por Sandra Mourelos: O equipo sénior do C.B. O Meco desprazouse onte ata Vigo para disputar o sexto encontro de liga contra o C.B. Seis do Nadal Coia, que chegaba invicto e liderando a clasificación. Este partido presentábase un tanto complicado dende o principio, xa que o equipo contaba con numerosas baixas (Jon, Cayetano, Chavo e Palermo), se ben tamén estreamos fichaxe: Lucas.
O partido comezou cun xogo igualado entre ambos equipos. Os nosos deixaban ver unha falta de tensión e de rapidez no campo, o que tivo como resultado un primeiro parcial de 17 a 12 puntos, situando ao C.B. Seis do Nadal por enriba no marcador. Pero no segundo cuarto, os do Meco saíron ao campo totalmente concentrados, dando ese puntiño máis de concentración que lles faltara ao inicio do encontro, logrando un parcial de 0-7 no minuto 6 de xogo, minuto no que o C.B. Seis do Nadal metía a súa primeira canastra do segundo cuarto. Así, o C.B. O Meco chegaba ao descanso cunha vantaxe de 3 puntos e un marcador de 24-27 (cun parcial de 7-15).
Pero á volta do descanso, o C.B. Seis do Nadal dominaba o partido. O conxunto grovense precisaba dunha maior intensidade defensiva, así como nos rebotes que remataban a gran maioría en mans dos contrarios. Así, o seu xogo precipitado e a forza que mostraban os vigueses rematou cun parcial de 21 a 9 no terceiro cuarto, volvendo a poñer aos locais por diante, con 7 puntos de vantaxe fronte o C.B. O Meco (43-36).
No último cuarto os rapaces de Manu Bello e Raúl Salgado seguían sen estar metidos no partido, cunha defensa moi frouxa. Pero tras varios minutos sen marcar, chegaron dúas triplas de Bruno e Xoán, devolvendo a confianza ao equipo. Malia todo, os vigueses seguían moi acertados no tiro e xogando con moita forza e intensidade, polo que o final do encontro foi de infarto. A 9 segundos do final, cun marcador de 54 a 51 puntos, os do Meco trataron de xogarse a tripla para forzar a prórroga, pero o tiro non entrou, e unha falta a última hora fixo que o resultado final do partido fosen 56 a 51 puntos.



Xornada 5 - 2ª División Sénior Masculina


C.B.
O MECO 64 - XUVEN 67
Data: Sábado
5 de novembro de 2011
Hora: 20:00
Lugar: Pavillón M
onte da Vila

Parciais:
16-06 // 21-23 // 13-18 // 14-20

C.B. O MECO
64: Dani Prol (12), Borja (9), Popó (-), Bruno (25), Paler (11) - quinteto inicial - Mario (-) e Nacho (7)

XUVEN
67: Dios, V (11), Oubiña, D (9), Alonso, P (-), Domínguez, F (4), Rodríguez, A (-) - quinteto inicial - Rodiño, K.A (-), Patiño, J (11), Piñeiro, D (6), Padín, R (-), Villamil, G (17), Oubiña, N (-), Barreiro, R (8)

Árbitros:
Rivadulla e Abuin. Excluiron a Piñeiro, D e Oubiña, D polo Xuven.


Crónica por Sandra Mourelos:
A quinta xornada de liga trouxo ao equipo C.B. Xuventude de Cambados ao Grove, para disputar un encontro que dende o principio se prantexaba interesante, xa que os locais só contaban con 7 xogadores. Ao principio o C.B. O Meco no era quen de coller o ritmo de xogo. Non foi ate o minuto 5 de xogo que os locais conseguiron anotar os primeiros puntos con dous tiros libres de Dani. A partires de aí, o equipo veuse arriba, demostrando un claro dominio do control do partido, anticipándose na defensa e roubando moitos balóns aos contrarios. Así, ao final do primeiro cuarto a vantaxe ascendía a 10 puntos, cun marcador de 16 puntos fronte os 6 do Xuventude.
No segundo cuarto endureceuse o partido, o conxunto meco mostraba unha defensa frouxa e non acertaba no ataque, e en 4 minutos os rivais empataron o partido facendo un parcial de 1-11 puntos. Aínda así, os nosos marcharon ao descanso cunha vantaxe de 8 puntos (con 37 puntos fronte os 29 do Xuventude).
Á volta do descanso, os xogadores de Manu Bello e Raúl Salgado non acababan de atopar o seu xogo, e non foi ate pasados 5 minutos de xogo que, grazas a unha canastra de Bruno, comezou a verse aos xogadores máis centrados no partido. Aínda así, os do Meco xogaban un pouco precipitados no ataque e cometían fallos na defensa, así que o marcador foi moi igualado na segunda metade. Por outra banda, o conxunto cambadés, cun estilo defensivo moi agresivo, íase cargando de faltas (rematando con dous xogadores expulsados). A falta de 3 minutos para o final do encontro os visitantes puxéronse un punto por riba no marcador (55 puntos fronte 56) o que predicía un final de infarto. Así, faltando só 10 segundos de xogo, o Meco perdía por 2 puntos, e unha falta sobre Dani na liña de triplas propiciou que empatasen de novo (64-64). Pero nun último ataque os visitantes xogáronse unha tripla que lles deu a vitoria cun resultado final de 67 puntos fronte os 64 do Meco.



Xornada 4 - 2ª División Sénior Masculina


C.B. ALLARIZ 65 - C.B. O MECO 71
Data: Sábado 2
9 de outubro de 2011
Hora:
20:00
Lugar: Pavillón M
unicipal de Allariz

Parciais:
15-28 // 14-16 // 15-11 // 21-16

C.B. ALLARIZ 65:  Fernández, R (-), Díaz, A (20), Piñeiro, A (3), Cid, G (3), Quintana, R.J. (13) - quinteto inicial- Estévez,  B (21), Acebedo, D (5) e Feijoo, I (-).

C.B. O MECO
71: Dani Prol (21), Borja (8), Xoan (8), Bruno (18), Palermo (10) - quinteto inicial - Mario (-), Popó (-) e Nacho (6).
Expulsados: Borja.

Árbitros: Villaroel e Rodríguez. Excluíron a Piñeiro, A. polo Allariz e a Borja polo Meco.

Crónica por Sandra Mourelos: Na cuarta xornada de liga, o C.B O Meco, coa nova incorporación de Mario ao equipo, tivo que desprazarse ata Allariz. O partido contra o C.B Allariz non puido comezar de mellor maneira, xa que durante a primeira metade do partido os nosos marcaron o ritmo de xogo, cunha grande porcentaxe de acerto en tiro (con 6 triplas anotadas das 9 tiradas), e unha grande intensidade defensiva. Os xogadores do Allariz non eran quen de penetrar á defensa meca, e os nosos mostraban ter unha grande estabilidade nos ataques, que xogaban comodamente aproveitando os 24 segundos para buscar a mellor opción de ataque á canastra. Os xogadores do Meco conseguían así marchar ao descanso cunha diferenza de 15 puntos co equipo rival, cun resultado de 29 puntos dos locais fronte os 44 dos visitantes.
Pero logo do descanso, o Allariz pegou un cambio con máis acerto no tiro, o que acurtou distancias no marcador. Así mesmo, os nosos non mostraban esa solidez que se vira durante a primeira metade do encontro, non acababan de atopar o seu xogo, o que se traduciu en que non anotasen ningunha canastra ata pasados 6 minutos do terceiro cuarto. Malia todo, ao final do cuarto seguiamos tendo un marcador favorable de 44 a 55 puntos. No último cuarto os locais lograron empatar o resultado a 65 puntos, pero os xogadores de Manu Bello e Raúl Salgado foron quen de mostrar unha vez máis o seu aplomo, malia ter toda unha grada chea de xente animando ao C.B. Allariz. Así, nun esforzo defensivo final, unha penetración a canastra de Dani que rematou nun 2+1, un contraataque e tiros libres de Palermo, dábanlle a vitoria ao equipo Meco cun resultado final de 71 puntos fronte os 65 do Allariz.



Xornada 3 - 2ª División Sénior Masculina

C.B. O MECO 70 - VINOTECA LEMBRANZA LICEO 57
Data: Sábado 22 de outubro de 2011
Hora: 18:00
Lugar: Pavillón Monte da Vila

Parciais: 21-11 // 10-22 // 16-16 // 23-8

C.B. O MECO  70: Dani Prol (11), Borja (8), Palermo (2), Mouriño (7), Cayetano (27) - quinteto inicial - Bruno (8), Nacho (6) e Popó (2).

VINOTECA LEMBRANZA LICEO 57: García
, I. (13), Villaverde, J. (6), Muñiz, D. (7), Torres, A. (12), Alonso, H. (3) - quinteto inicial - Camacho, D. (5), Castro, R. (-), Durán, A. (4), Rodríguez, P. (5), Antón, R. (-) e Conde, A. (2)

Árbitros: Gil e Vidal. Sinalaron 21 faltas ao C.B. O Meco e 19 ao Liceo. Excluído Nacho polo Meco.

Crónica por Sandra Mourelos: O partido contra o equipo Vinacoteca Lembranza – Liceo Casino empezou moi ben: os rapaces do Meco demostraban intensidade na defensa e acerto nos tiros a canastra, o que provocou que no final do primeiro cuarto, a diferenza cos visitantes fosen 10 puntos. Pero a partires do segundo cuarto, os locais non conseguían estabilidade nin na defensa nin no ataque, que sempre remataba cun mal tiro a canastra e rebote para os contrarios, que encestaban no contraataque. Así, ao descanso, o Liceo púxose 2 puntos arriba. Tras o descanso os nosos intentaron recuperar o ritmo do partido, pero non daban conseguido facerse co control do xogo, tal e como fixeran ao principio do encontro. Nos últimos dez minutos do encontro os mecos volveron a xogar máis cómodos, rebosando enerxía no campo, e mostrando o seu bo xogo. A súa boa actitude defensiva e intensidade no ataque rematou nun parcial de 23 a 8 puntos, cun resultado final de 70 a 57 puntos.



Xornada 2 - 2ª División Sénior Masculina


C.B.
CRUZ ALTA 80 - C.B. O MECO 59
Data: Sábado
15 de outubro de 2011
Hora: 18:00
Lugar: Pavillón
Paco Paz

Parciais: 1
6-14 // 21-18 // 22-15 // 21-12

C.B. CRUZ ALTA
80: Seara, A. (6), Veras, V.A. (31), Vega, R. (12), Sánchez, E., Sequeiros, D (5) – quinteto titular-, Iglesias, A. (2), Álvarez, M., Vázquez, P.J. (2), Febrero, R. (9), Hovilla, J. (5), Fernández, S.L. (3) e Castro, O. (5).

C.B. O MECO
59: Dani prol (8), Broja (13), Palermo (7), Bruno (10), Cayetano (12) – quinteto titular- , Popo (2), Mouriño (4) e Nacho (3).

Árbitros: Fernández, C. e Rodríguez, A. Sinalaron 25 faltas persoais ao Cruz Alta e 22 ao Meco. Excluídos Hovilla, J. e Fernández, S.L. polo Cruz Alta.

Crónica por Sandra Mourelos: Na segunda xornada de liga, aos xogadores do Meco tocoulles ir ata Ourense para  disputar un partido contra o Cruz Alta. No seu vestiario contaban con dúas baixas por lesión (Chavo e Jon) e dous xogadores que, a pesares de estar lesio nados, xogaron con molestias (Dani Prol e Xoan Mouriño).
Dende o principio do partido, aos xogadores de Manu Bello e Raúl Salgado custáballes atopar o seu xogo, precipitábanse nas xogadas e abusaban do tiro  exterior. Os rivais, sen embargo, demostraron ter máis calma, e malia carecer dun xogo superior ao do Meco, foron quen de gañarlle ao equipo visitante en tódolos cuartos dende o principio do encontro. Non obstante  as grandes diferenzas chegaron na segunda metade do partido, cando foron os locais quen xogaron con máis cabeza e souberon ler mellor cada situación, mentres que os do Meco non  eran quen de atacar con calma, o que provocaba que ao chegar ao campo rival houbese un tiro con rebote para os contrarios e contraataque con canastra. Todo isto provocou que unha diferenza  de puntos que podería ter sido menor, rematase quedando en 21 puntos. Así mesmo, a intensidade do ataque dos  ourensáns fíxose palpable na grande cantidade de rebotes ofensivos que colleron, e que converteron en canastras. Cabe destacar o partido que fixo o xogador do Cruz Alta Veras, V.A, quen anotou 31 puntos cun alto porcentaxe de acerto, fallando tan  só un tiro de 2 puntos e un tiro libre.

Neste segundo encontro de liga os xogadores do Meco non foron quen de atopar esa tranquilidade e temperamento necesarios para recuperar o control do partido e para marcar o ritmo do xogo,  calma que si foron quen de recuperar na xornada anterior e que lles outorgou a vitoria contra o C.B. O Grove tras un partido moi igualado.



Xornada 1 - 2ª División Sénior Masculina

C.B. O MECO 85 - C.B. O GROVE TURIMARES 72
Data: Sábado 8 de outubro de 2011
Hora: 18:00
Lugar: Pavillón Monte da Vila

Parciais: 10-16 // 17-21 // 19-18 // 39-17

C.B. O MECO  85: Dani Prol (42), Borja (2), Popó (-), Mouriño (6) - quinteto inicial - Bruno (18), Nacho (1), Palermo (2) e Cayetano (14).

C.B. O GROVE 72: Xurxo (10), Castro (10), Túñez, Jacobo (4), Mauri (-), Manuel (7), Álex (21), Fontán, Jose, Luis e Óscar (20)

Árbitros: Baena e Rivadulla. Sinalaron 26 faltas ao C.B. O Meco e 35 ao C.B. O Grove. Excluídos Borja polo Meco e Xurxo, Jacobo, Mauri, Álex, Óscar e Manuel Sanmartín polo Grove.

Incidencias: máis de 200 persoas abarrotaron o Pavillón Municipal Monte da Vila.


Crónica por Sandra Mourelos:
A primeira xornada de liga estivo marcada polos nervios. Como xa sabemos os derbis locais sempre están cargados de rivalidade e emoción, e iso traduciuse nun inicio do encontro un tanto caótico. Os tiros non entraban, o que supuxo que tan só 8 dos 27 puntos acadados ao descanso polo Meco fosen de canastras de campo, mentres que os 19 restantes fosen tiros libres. Os fallos dos nosos, que non conseguían mostrar o seu xogo, e o acerto dos xogadores do C. B. O Grove, fixeron que acadasen unha vantaxe de 10 puntos durante case todo o partido.
Non foi até despois do descanso cando se empezou a ver unha certa melloría no xogo do Meco pero, non obstante, os rapaces non eran quen de igualar no marcador aos contrarios, os cales se ían cargando de faltas pouco a pouco. Así e todo, o terceiro cuarto foi o primeiro no que O Meco gañou en anotacións, cun parcial de 19 a 18 puntos. Xa no último cuarto decidiuse o partido. Se ben nos primeiros minutos a dinámica do encontro seguiu igual, a partires do minuto 3 as cousas cambiaron: unhas palabras motivadoras do adestrador nun tempo morto, unhas gradas cheas de público animando ao seu equipo e dúas triplas consecutivas de Bruno e Cayetano fixeron que os nosos aumentasen a súa intensidade defensiva e mostrasen un maior acerto no 5x5. O Meco, a pesares de non estar moi acertado no xogo, demostrou ter máis experiencia nesta categoría que o rival local, conservando a calma e imprimíndolle toda a enerxía que lles quedaba nos derradeiros minutos do partido. Cinco xogadores do C. B. O Grove foron expulsados por acumulación de faltas persoais, faltas que contribuíron a que 41 dos puntos anotados polo Meco fosen tiros libres. Así, o do último cuarto foi un parcial asombroso de 39 puntos a 17, outorgándolle a vitoria do “Derbi do Centolo” ao C.B. Meco cun total de 85 puntos, fronte os 72 anotados polos xogadores do C. B. O Grove.

Regreso al contenido | Regreso al menu principal