Menu Principal
29.07.2011: No día de hoxe a FEGABA fixo pública a lista de equipos inscritos para a 2ª División Sénior Masculina. Por terceira tempada consecutiva, o C.B. O Meco participará nesta competición de ámbito autonómico.
A día de hoxe hai 21 equipos inscritos, faltan por cubrir 3 vacantes, as cales se farán públicas o 12 de agosto. Nesa data, a FEGABA distribuirá os 24 equipos en 2 grupos, Norte e Sur por criterio de proximidade.
22.07.2011: O C.B. O Meco confirma que o corpo técnico para o equipo sénior volverá a estar formado por Manu Bello e Raúl Salgado. Así pois, por segundo ano consecutivo, eles serán os encargados de dirixir o buque insignia do club. A estabilidade de manter un proxecto que funcionou moi ben o ano pasado, e a clara seguridade de que equipo seguirá mellorando da man de Manu e Raúl, fixo que a directiva e o director deportivo se volcaran en conseguir esta renovación.
Na noite de onte o equipo sénior reuniuse, primeiro cos adestradores, e logo coa directiva, para coñecer de primeira man os aspectos referentes á tempada 2011-
Os xogadores do equipo sénior intentarán aumentar o seu compromiso coa familia do Meco durante o ano, tendo unha maior presencia nas categorías base e colaborando co club. (Foto: Todogrove.com)
21.07.2011:
A data tope de inscripción remata o día 29.07.2011 ás 13:00 horas, e en datas posteriores a FEGABA fará pública a composición dos grupos e calendarios. A liga dará comezo o 09.10.2011 e rematará a fase regular o 22.04.2011, cun total de 22 xornadas.
Esta é a terceira tempada na que o noso equipo sénior participará nunha competición a nivel galego, levando a imaxe do club, a dos colaboradores e a do concello de O Grove por lugares como Ourense, Santiago, Vigo, Marín, Vilagarcía de Arousa, Cambados, etc... e todo esto con cun plantel composto exclusivamente con xente da nosa canteira.
Adestramentos de verán:
Os adestramentos de verán darán comezo a vindeira semana logo das festas do Carmen. Serán os luns e os xoves de 11:00 a 13:30